quarta-feira, 10 de fevereiro de 2010

Despois da manifestación... segue a confusión

Confírmase o éxito relativo de Abel Caballero que prognosticabamos onte aquí. Suficiente para que soen ridículos os intentos de ninguneo por parte do PP e BNG locais. Non dabondo como para dicir que todo Vigo está co alcalde.

Tendo en conta os riscos que corría, el só contra o mundo, Caballero ten que estar contento. Este asunto deulle en bandexa a oportunidade de conectar con boa parte da cidadanía, de facerse cun carisma e cunha posición de liderado das que evidentemente carecía.

Ademais, coloca aos seus rivais locais en moi mala posición. Corina Porro, muda dende o principio, segue a cederlle todo o protagonismo a Chema Figueroa, o que para calquera rival político é un regalo que nunca poderá agradecer o suficiente. Mentres, Santi Domínguez e o BNG, que nestas últimas semanas tentaban recompoñer o discurso, terano cada vez máis difícil.

Esta é toda a análise que se pode facer no día despois de San Nunca Máis Pequeno, porque sobre as caixas, como di Luís Dávila hoxe en Faro de Vigo, cada vez máis confusión...

Nenhum comentário:

Postar um comentário

No faiado