Mostrando postagens com marcador Deportes. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Deportes. Mostrar todas as postagens

terça-feira, 12 de fevereiro de 2013

Domingos Paciência, o adestrador con menos paciencia

Hai poucos días comentabamos aquí o acaído que parecía que o Deportivo fichase a un adestrador chamado Paciência. Certamente, cando se vai de último, e co club en concurso de acredores, o que compre é ter paciencia. E se non hai paciencia, cómprase, pensou Lendoiro.
 
Pero non foi tal. Aconteceu que contradicindo de xeito radical o que o seu propio nome suxería, o Domingos Paciência resultou ser o adestrador do mundo con menos paciencia. Ás primeiras de cambio saíu correndo. Aducindo veladamente a que o problema do equipo está en que os xogadores levan meses sen cobrar.
 
Desbarátase así a intelixente estratexia de Lendoiro, que buscaba coa fichaxe de Paciência un escudo protector que tapase a nefasta xestión do club nos últimos anos. Agora fica totalmente exposto. Xa apareceron as primeiras pintadas en Riazor pedindo a súa dimisión. 
 
Unha mostra do nerviosismo do presidente é o erro, impropio nel, que cometeu na elección do substituto de Paciência. E non polas características e capacidades do novo adestrador. Ao contrario, cremos que Fernando Vázquez é un boísimo adestrador. Pero, ¿cando se viu no norte un equipo de portugueses e cun adestrador do Celta?. O mundo ao revés. A este paso, os chorvos da Coruña acabarán sendo ghichinhos...
 
Para seguir nesa liña, por un módico prezo pódeselles facer unha adaptación da foliada... "dixéronlle ó presidente, os de tribuna cuberta dixéronlle ó presidente, pra temporada que ven temos que cambiar de xente"...

segunda-feira, 31 de dezembro de 2012

Paciência, a fichaxe máis acaída

Sempre gustei da retranca de Lendoiro. Pouco dado a substituír adestradores, só toma a decisión cando está no límite e non queda outra. Agora é o caso. Co equipo na última posición da táboa -faroliño vermello, se dicía antes-, a unha semana, ou menos, de que o club entre en concurso de acreedores, o cambio de adestrador estaba cantado. Non só polo que poida supoñer de revulsivo no aspecto deportivo, que algún efecto terá, senón, e sobre todo, para desviar a atención da figura do presidente que é en realidade o máximo responsable deste descalabro deportivo e económico no que se debate dende hai anos o Deportivo, e cobra por elo. Ata aquí todo normal.
 
O que pon de manifesto a fina ironía do presidente é a elección do novo adestrador. Un tipo que se chama Domingos Paciência. Toda unha mensaxe para o deportivismo. Nos tempos que corren, non queda outra que ter paciencia. Paciencia sobre todo os domingos para dixerir os resultados deportivos. Paciencia o resto da semana para ir asimilando o carrusel de desastrosas novas económicas que se aveciñan no club e que La Voz de Galicia se encargará de magnificar. E se non a hai paciencia, cómprase, pensou o presidente.
 
Mágoa que o tal Paciência sexa só adestrador de fútbol. Tal como vai a cousa, precisaríamos moreas de Paciencias. Para enfrontar este 2013 que xa está aí ameazante, moito mellor nos iría cun Paciencia de conselleiro de economía ou cun ministro de facenda tamén Paciencia.
 
Pero Paciência só hai un. E fichouno Lendoiro.
 
Saúde e Paciencia...

terça-feira, 14 de agosto de 2012

Medallero olímpico y capacidad económica

En las clasificaciones oficiales de los recientes Juegos Olímpicos de Londres 2012, el ganador absoluto es Estados Unidos, seguido de China y Gran Bretaña. España aparece clasificada en el puesto 21.

Sin embargo, ese ranking sólo tiene en cuenta las medallas de oro conseguidas por cada país. Nos parece más justo tomar en consideración la totalidad de medallas –oro, plata y bronce- logradas por cada país. Así, en el gráfico 1 representamos lo que sería la clasificación final por países de los Juegos Olímpicos 2012, si consideramos que una medalla de oro vale 3, una medalla de plata vale 2 y una medalla de bronce vale 1.

 
Gráfico 1. Medallero Olímpico ponderado (oro = 3, plata = 2, bronce = 1).

Como se observa, el ganador absoluto sigue siendo Estados Unidos, con 225 puntos, seguido de China con 191, Rusia 156, Gran Bretaña 140 y Alemania 85 puntos. En esta clasificación España aparece en el puesto 14 con 33 puntos.

Parece razonable suponer que las posibilidades de éxito deportivo deberían estar correlacionadas con la capacidad económica del país. Por eso en el gráfico 2, aparecen ponderados los resultados deportivos de los 25 primeros países en los Juegos Olímpicos 2012, en función del PIB nominal (en millones de dólares) de cada país. Resulta curioso observar como con este criterio el ganador absoluto sería Jamaica, seguido a muchísima distancia por Cuba, Kenia, Hungría y Ucrania. España ocuparía el puesto 21 entre 25. Pero Estados Unidos estaría por detrás de España en el puesto 22. Y Alemania, Francia o Italia, ligeramente por delante de España.


Gráfico 2. Medallero Olímpico en función del PIB nominal de cada país (25 primeros países).

Si ahora comparamos los resultados deportivos obtenidos, con la renta per cápita de cada uno de los primeros 25 países clasificados, obtenemos el ranking que se muestra en el gráfico 3. En este caso, el ganador absoluto sería China, seguido a mucha distancia por Kenia; en tercer lugar estaría Rusia; Ucrania ocuparía la cuarta plaza y Cuba sería el quinto país en resultados deportivos ponderados por renta per cápita. En esta clasificación España ocupa el puesto 20 entre los 25 países analizados, muy por detrás de Estados Unidos o Gran Bretaña y también peor, aunque a menos distancia, de Alemania, Francia o Italia.

 
Gráfico 3. Medallero Olímpico en función de la renta per cápita de cada país (25 primeros países).

Estos datos deben ser leídos sólo como divertimento, pero pueden permitirnos atisbar cuál es la atención que el deporte recibe en cada país. O también, la existencia o no de cualidades étnicas, capaces de explicar por si solas, determinados resultados deportivos.


domingo, 3 de junho de 2012

Dous equipos de primeira, dous proxectos diferentes

Tendo claro con Boskov que "fútbol é fútbol", e só fútbol, e que ao final os equipos, a lo menos os nosos, non son máis que empresas privadas con total liberdade, polo tanto, para que os socios decidan o seu modelo de xestión, si parece acaído hoxe, que finaliza a semana de gloria para os equipos galegos, analizar as diferenzas de proxecto entre Deportivo e Celta.

O Celta volve á primeira división, agora liga BBVA, despois de cinco anos purgando os excesos do pasado. Aqueles tempos en que se xogaba a Champions e se lle metían sete goles ao Benfica. Cinco anos que serviron, lei concursal incluída, para redimensionar económica e deportivamente o club.

Así, o Celta afrontou esta temporada cun orzamento de 9 millóns de euros. Parece claro que se aprendeu a lección e que nas vindeiras temporadas non se repetirán os erros do pasado. Iso implica que a parroquia de Balaídos ten que ir mentalizándose para sufrir o vindeiro ano na primeira división.

A sensación que da desde fóra, pois por incrible que pareza resulta imposible atopar datos económicos fiables dos clubs de fútbol españois, é que o Deportivo volve á primeira división teimando no modelo que o levou a obter grandes éxitos deportivos no pasado e tamén a ser un dos clubs economicamente máis endebles do fútbol español.

O Deportivo disputou esta temporada en segunda división cun orzamento de 45 millóns de euros, que multiplica por máis de 4 o segundo orzamento máis alto, o do Almería, que ascende a 11 millóns, e que equivale a cinco veces o orzamento do Celta.

Datos de hai dúas ou tres temporadas cifraban a débeda total do Deportivo en 250 millóns de euros. Recentemente, cando se fixeron públicas as escandalosas débedas do fútbol español coa Facenda Pública, sóubose que os dous equipos que máis deben son o Atlético de Madrid, 120 millóns, e o Deportivo, 90 millóns de euros.

Ao longo do campionato deste ano, o Celta aliñou en cada partido oito ou nove xogadores galegos, dos que a gran maioría saíron da súa canteira. O Deportivo ten cinco xogadores nados en Galicia no seu plantel, dos que só un ou dous xogan con certa asiduidade.

Parece claro que o Celta afrontará a primeira división con modestia e mentalizado para loitar por evitar volver á segunda división. A afección de Vigo, sen embargo, seguirá disfrutando, coma este ano, de sentirse plenamente identificada cuns rapaces que, por ser de aquí, saben o que é sentirse celtista.

O Deportivo seguirá fuxindo cara adiante. Seguramente será quen de ter un equipo deportivamente moito máis competitivo, no que non haberá ningún xogador da casa. E así ata quedar esmagado debaixo da bola de neve da débeda que seguirá medrando de maneira inexorable.

Eu gusto moito máis dos goles de Moaña, aínda que sexan menos.

sexta-feira, 25 de maio de 2012

Eu tamén quero que gañen os dous

Pregúntase Manolo Rivas hoxe en El País, moi ben como case sempre, si se pode ser do Celta e do Deportivo.

Discrepo unicamente no mapa do celtismo/deportivismo que pinta no seu artigo. Basicamente, porque aínda que nos últimos vinte anos o Deportivo, grazas a aqueles anos máxicos de Arsenio, e despois de Irureta, con Bebeto e Mauro Silva, incrementou moi notablemente a súa implantación como equipo de referencia para unha boa parte do país, o certo é que, dende sempre o equipo que realmente se identificaba con Galicia era o Celta.

Hai unha xeración, que viviu a súa infancia no tardofranquismo e no rural, para a que os xermolos da súa conciencia galeguista primeiro, nacionalista despois, foron o Celta e Os Tamara. Naquela época, Ferrol era celtista, o mesmo que Ourense, ou unha boa parte de Lugo, sobre todo Vilalba -si Rivas, en Vilalba o deportivismo é moda recente- ou Monforte. Certo que en Compostela a cousa estaba máis dividida, pero claramente a maioría era tamén celeste. Lugo capital non, Lugo sempre foi máis do Coruña. E Pontevedra, despois daqueles anos gloriosos do !hai que roelo!, tamén acabou sendo deportivista, aínda que eu diría que principalmente anticeltista.

Volvendo á pregunta que hoxe se fai o Rivas, lembro unha daquelas reunións de estudantes con inquedanzas políticas en Compostela, na que o que se consideraba líder ideolóxico do grupo, por suposto nacionalista, intervén nunha discusión futbolística que mantiñan outros dous rapaces. Como non podía ser doutra maneira, empeza por deixar claro que o fútbol non é máis que un instrumento do poder para manter adormecido ao persoal, o consabido opio do pobo, e que a el persoalmente non tiña ningún interese no asunto, pero que o que lle parecía máis de parvos era esa rivalidade futbolística entre persoas que compartindo ideas, ideoloxías e crenzas, só discrepaban na defensa do Deportivo ou do Celta. Que non entendía, dende unha conciencia nacionalista, que non se desexase que gañasen os dous. A resposta dun colega, celtista acérrimo, foi clara: si home si, eu tamén quero que gañen os dous, que gañe o Celta e que gañe o que xoga contra o Deportivo.

domingo, 11 de dezembro de 2011

Fútbol e xestión: o fenómeno Lendoiro

Un dos problemas cruciais da economía capitalista, aínda non resolto, é a falta de mecanismos efectivos que permitan á propiedade (accionistas) o control sobre o traballo dos directivos profesionais e sobre as decisións que estes adoptan.

Existen exemplos recentes dabondo, próximos e lonxanos, do que estamos a dicir. O inicio da actual crise financeira, co xurdimento das hipotecas lixo, non é alleo a esta cuestión. Moitos dos escándalos das caixas de aforro en España, tampouco.

Por dicilo en poucas palabras, o capital esíxelle á dirección profesional resultados a curto prazo e esta toma decisións sen ter en conta os efectos a medio e longo prazo que esas decisións poden ter sobre a solvencia ou viabilidade da empresa. Pensando seguramente que para aquela, eles como profesionais de éxito que son, xa terán aceptado algunha rutilante oferta doutra empresa. O que veña detrás que arree.

Con todo, está xeralmente aceptado en todo o mundo que -contratos brindados á marxe- a retribución dos directivos está vinculada aos resultados empresariais.

En todo o mundo menos na Coruña. ¿Imaxínase o lector que a súa empresa lle pagase, non en base aos beneficios que vostede produce senón en función do volume de orzamento que é capaz de gastar?.

Canto máis gasto, máis salario... semella broma, ¿non si?. Pois non o é. Lendoiro, presidente profesional do Deportivo da Coruña hai tempo que o conseguiu. O seu salario é igual ao 1% do orzamento total do club. Canto máis alto sexa o orzamento, máis cobra Lendoiro. Aínda máis, o seu soldo non se calcula sobre os orzamentos liquidados do exercicio anterior, senón sobre a previsión orzamentaria do exercicio seguinte.

Dicía estes días LVG -que xa sei que lla ten xurada- que simplemente con esa diferenza entre previsión orzamentaria e orzamentos liquidados leva gañados en oito anos máis de un millón de euros. Así,os incentivos para inflar os orzamentos son máis que evidentes.

Como ocorre este ano, que en segunda división, presenta un orzamento máis elevado que o ano anterior en primeira división. ¿Cómo se xustifican os ingresos?, é fácil, abonda con supoñer que este ano se ingresarán por venta de futbolistas 10 M €, 100 M € ou os que fagan falta para cadrar un salario decente.

¿Alguén se estraña aínda da eterna crise do fútbol?

domingo, 13 de novembro de 2011

Circo

Por fin, un derby en Riazor. Antes chamáselle partido de rivalidade. Vendo o despliegue tanto no Faro de Vigo como en La Voz de Galicia, semella non importar que este ano sexa na Liga Adelante BBVA -antes era a 2ª División-, nin que despois de tanta gloria hai unha década -tamén no fútbol  viviamos moi por riba das nosas posibilidades- onde o Deportivo gañaba a Liga e o Celta xogaba  a Champions -antes era a Copa de Europa-, no canto de xogadores de primeiro nivel mundial, como Bebeto, Mazinho, Mauro Silva ou Mostovoi, agora xoguen tipiños como un tal Riki, cuxa meirande achega coñecida é chamarlle El Vigo ao Celta, parece que para amolar.

Curioso este fenómeno do fútbol. Convertido nun puro negocio mediático global mantén, sen embargo, toda a súa capacidade para aglutinar os sentimentos tribais da poboación. Cuestión que sería máis ou menos entendible cando xogaban once de Vigo fronte a once de A Coruña, por exemplo -ou cando xogan once de Francia contra once de Alemaña-, pero difícil de explicar cando un mesmo xogador -en función dos seus lexítimos intereses económicos- pode pasar de xogar hoxe nun equipo a xogar mañá no eterno rival. Só queda como xustificante iso tan abstracto que se chama o amor á camiseta ou aos colores do equipo. Hoxe en día nin iso, pois sometidos á presión do merchandising e a ditadura dos deseñadores, os clubs sacan cada ano tres ou catro novos xogos de camisetas, a cal máis rechamante, e que perverten, ás veces ata o esperpento, as súas indumentarias tradicionais.
Desposuído desa compoñente de representatividade tribal, o fútbol queda reducido a un mero espectáculo -un pouco ao estilo de como os norteamericanos ven os partidos da NBA-. De feito, penso que é esta percepción do fútbol como espectáculo a que está facilitando a concentración da cota de mercado nuns poucos equipos -empresas- de clase mundial. Así se explica o interese por ver ao Barcelona, ao Real Madrid ou ao Manchester -e por comprar as súas camisetas- ata nos lugares máis recónditos planeta.  

Pero esta concentración do mercado nuns poucos equipos, acabaría provocando a desaparición de todos os restantes que non acadasen ese nivel de excelencia, a semellanza do que ocorre en calquera outro mercado globalizado. Se non fose porque inexplicablemente se mantén esa identificación de once tipos reclutados nos lugares máis estraños, vestidos cunhas camisetas cada vez máis estrafalarias, coas esencias dunha cidade ou dun pobo.
Así se segue explicando que hoxe en Riazor milleiros de persoas se esquezan por un momento da crise e se pasen dúas horas berrando ¡Aupa Deportivo! -ou ¡Vigo No!- e outros ¡Hala Celta! -ou ¡puta Coruña!-.

domingo, 22 de maio de 2011

Lendoiro, ese hombre

O Deportivo -O Coruña, como lles gusta dicir aos de Vigo- está en segunda división -máis propiamente na Liga Adelante BBVA- . Realmente, ningunha sorpresa para os que temos xa algúns anos. Nas décadas dos sesenta e setenta o Depor era o "equipo ascensor".

Se deixou de selo, iso hai que anotalo no haber dun home: César Augusto Lendoiro. Un tipo que demostrou a súa capacidade de adaptación e a consciencia das súas limitacións, cando aos quince anos era presidente dun equipo de fútbol. É obvio que si era presidente foi porque entendeu que non podía ser xogador. Máis tarde, converteuse nun dos poucos galegos que conseguiu poñer unha pica en Cataluña ao converter a un equipo de colexio, o Liceo La Paz, en campión dun deporte dominado dende sempre -antes e máis despois- polos cataláns.

Chegou ao fútbol para coller a un equipo ao borde da desaparición. En poucos anos, foi quen de situalo na elite do fútbol español, mesmo do fútbol europeo. Convén lembrar hoxe que o Deportivo foi campión de liga e gañou dúas copas do rei -centenariazo incluído-. A clave, a súa capacidade para ver que era posible para un equipo como o Deportivo fichar a dous cracks mundiais naquel momento como Bebeto e Mauro Silva.

Despois, o desastre. semella que esa grande visión demostrada na traxectoria descrita, desapareceu de súpeto. Converteuse no único dirixente que foi quen de fixar os seus emolumentos en función dos orzamentos da empresa e non dos seus beneficios. Dedicouse -como ven se encargou de airear o Rey da Coruña, don Santiago- a colocar aos seus vástagos  en postos destacados no club.

O final era previsible. Un equipo cunha débeda incalculable e afundido na segunda división. Probablemente, o seguinte capítulo sexa a súa desaparición.

Máis aló de que o deportivismo esixa responsabilidades, como corresponde, non deberiamos esquecer, aínda que fose só fútbol, a contribución de Lendoiro -e do Deportivo- a incrementar a autoestima do país.

No faiado