Tal como se vai debuxando, contra reloxo, o escenario das caixas non sería descartable que ao final a ansiada fusión dependese de que Núñez Feijóo se aviñese a deixar sen efectos reais a nova lei de caixas.
Se finalmente o Banco de España accede a colaborar en solventar as enormes dificultades financeiras que supón a fusión, permitindo recorrer ao Fondo de Garantía de Depósitos. Se ademais, Caixa Galicia e a Xunta de Galicia aceptan unha fusión desequilibrada a favor de Caixanova. O último escollo serían as garantías que a entidade do sur esixirá para non verse desaloxada pola nova lei, a curto prazo, da dirección e control da nova Caixa do Atlántico -nome, por certo, suxerido dende aquí hai meses-, que se suavicen os aspectos máis duros da lei promovida polo BNG e o PP.
Estaría disposto Núñez Feijóo, en aras do futuro económico-financeiro do país, a encaixar tan duro revés político?. Se reparamos tamén en que calquera alternativa posible esixirá desdicirse do tantas veces anunciado veto a calquera SIP extraterrritorial, quizás si acepte descafeinar a flamante lei.
En calquera caso, será curioso ver as explicacións que dará o PP e tamén a reacción do BNG.
Nenhum comentário:
Postar um comentário