A rateo 80-20 indica cál é o parámetro polo que hai que multiplicar os ingresos do 20% da poboación que menos gaña, para igualar os ingresos do 20% da poboación que máis gaña.
Gráfico 1. Rateo 80-20 en diversos países da Unión Europea, ano 2010
Como se ve no gráfico, esa rateo en España é igual a 6,9. A máis alta da UE-27, excepto Lituania que se sitúa no 7,3. É obvio que esta nova coincidencia con Lituania -país que lidera con España as cifras de paro da UE- pon en evidencia a correlación desta rateo 80-20 coas cifras de desemprego.
Sendo importante o dato de 2010, moito máis reveladora resulta a evolución, que se amosa no Gráfico 2, desta rateo dende o ano 2005. Nese ano, España situábase moi por debaixo de Portugal e Lituania, e tamén cun valor menor que o de Italia e pouco superior á media da UE-27. Gráfico 2. Evolución 2005-2010 da rateo 80-20 en diversos países da Unión europea
Nos últimos tres anos, sen embargo, a desigualdade económica dispárase en España de maneira vertixinosa, ao contrario do que ocorre en Portugal, Italia e Alemaña, e tamén no conxunto da Unión Europea.
Debería servir a evolución deste dato elemental para axudarnos a reflexionar sobre as verdadeiras consecuencias das políticas económicas que se veñen aplicando. Menos mal que tiñamos un goberno socialdemócrata...
Nenhum comentário:
Postar um comentário