Un dos problemas cruciais da economía capitalista, aínda non resolto, é a falta de mecanismos efectivos que permitan á propiedade (accionistas) o control sobre o traballo dos directivos profesionais e sobre as decisións que estes adoptan.
Existen exemplos recentes dabondo, próximos e lonxanos, do que estamos a dicir. O inicio da actual crise financeira, co xurdimento das hipotecas lixo, non é alleo a esta cuestión. Moitos dos escándalos das caixas de aforro en España, tampouco.
Por dicilo en poucas palabras, o capital esíxelle á dirección profesional resultados a curto prazo e esta toma decisións sen ter en conta os efectos a medio e longo prazo que esas decisións poden ter sobre a solvencia ou viabilidade da empresa. Pensando seguramente que para aquela, eles como profesionais de éxito que son, xa terán aceptado algunha rutilante oferta doutra empresa. O que veña detrás que arree.
Con todo, está xeralmente aceptado en todo o mundo que -contratos brindados á marxe- a retribución dos directivos está vinculada aos resultados empresariais.
En todo o mundo menos na Coruña. ¿Imaxínase o lector que a súa empresa lle pagase, non en base aos beneficios que vostede produce senón en función do volume de orzamento que é capaz de gastar?.
Canto máis gasto, máis salario... semella broma, ¿non si?. Pois non o é. Lendoiro, presidente profesional do Deportivo da Coruña hai tempo que o conseguiu. O seu salario é igual ao 1% do orzamento total do club. Canto máis alto sexa o orzamento, máis cobra Lendoiro. Aínda máis, o seu soldo non se calcula sobre os orzamentos liquidados do exercicio anterior, senón sobre a previsión orzamentaria do exercicio seguinte.
Dicía estes días LVG -que xa sei que lla ten xurada- que simplemente con esa diferenza entre previsión orzamentaria e orzamentos liquidados leva gañados en oito anos máis de un millón de euros. Así,os incentivos para inflar os orzamentos son máis que evidentes.
Como ocorre este ano, que en segunda división, presenta un orzamento máis elevado que o ano anterior en primeira división. ¿Cómo se xustifican os ingresos?, é fácil, abonda con supoñer que este ano se ingresarán por venta de futbolistas 10 M €, 100 M € ou os que fagan falta para cadrar un salario decente.
¿Alguén se estraña aínda da eterna crise do fútbol?

curioso, verdade? E lembrar que son cartos privados polo menos unha parte deles. E cando acontece máis ou menos o mesmo pero con cartos 100% públicos. Por exemplo:que opina o Trasno de unha conexión aérea con outra cidade que non da beneficios e ten que ser subvencionada por gobernos locais para que non se peche esa conexión?
ResponderExcluirTiña que voltar o Santo Oficio para poñer orde nesta sinrazón pública