Hoxe publicáronse os datos do paro rexistrado correspondentes ao mes de decembro de 2009. A cifra total de parados elévase en Galicia a 222.839 -en España 3.923.603-. É dicir, o paro galego representa o 5,68% do total do Estado, porcentaxe que se sitúa moi lixeiramente por debaixo do que representamos en poboación 5,95%. Nos tres primeiros trimestres do ano que rematou o comportamento das cifras de paro foi sensiblemente mellor en Galicia que no conxunto de España. Sen embargo, dende o mes de setembro a evolución en Galicia é alarmantemente peor que a media estatal (véxase o gráfico).
Gráfico 1. Variación mensual do paro rexistrado 2009
Este dato pode ser o inicio da constatación de algo que aquí vimos repetindo con insistencia, este goberno da Xunta de Galicia non ten políticas económicas, nin industriais, nin de emprego. Nin as ten nin cree que deba telas. A concepción que ten da política o seu presidente está lonxe de cuestións tan áridas e duras -véxase:
Política de regate curto mirando á galería-. É máis rendible politicamente enredar co que se ven enredando.
Con permiso, hai un mes comentei un estudo sobre a evolución do desemprego en Galiza (http://nosquedaportugal.blogspot.com/2009/12/foise-co-vento.html) que foi amablemente publicado polos redactores de feijoomente (http://feijoomente.blogaliza.org/?p=1211), onde xa apuntabamos que có desgoverno do PP no pais, estaba principiando a reverterse a tendencia de anos a respecto do desemprego.
ResponderExcluirTamén comentamos que todo apunta a que teremos un ciclo alcista do paro os vindeiros meses moi superior en Galiza a respecto do Estado. De momento vai o primeiro mes, primeiro acerto.
Saúdos.
Xa teño visto o teu estudo. Dende logo ti profundizas moito máis. Eu só pretendía poñer en evidencia os datos dos últimos tres meses. E si, son alarmantes.
ResponderExcluirSaude,