sábado, 13 de fevereiro de 2010

Capitán Pescanova fronte ao Caballero Abel

Sorprende comprobar como nos últimos días un dos empresarios máis recoñecidos do país baixa á area política e entra nun corpo a corpo desabrido co alcalde de Vigo. D. Manuel Fernández de Sousa-Faro, presidente de Pescanova, S.A., estase erixindo así no ariete do bando profusión en Vigo. Entrevista durísima hai uns días en El País, que repite hoxe en La Voz de Galicia.

Aproveitando a indiscutible imaxe de Pescanova como un dos máximos expoñentes empresariais da galeguidade -dende Vigo-, constrúe un discurso coherente onde os intereses de Galicia priman por riba dos localismos espurios que defende Caballero. Utilizando palabras grosas "Abel Caballero está incurriendo en los límites del delito", acusa ao alcalde de mentir e de enganar á cidadanía "No se puede convocar una manifestación sin informar bien a la gente. Si los que fueron supieran que el riesgo de la tesis del alcalde es una más que posible deslocalización de las cajas, probablemente no hubieran ido". Non explica, porén, coma todos os que están no bando profusión, en qué datos se sustenta a viabilidade futura da opción que el defende.

Sendo lexítima e respectable a opinión de D. Manuel, convén non esquecer un par de datos que, non por públicos e coñecidos, deixan de ser relevantes.

Primeiro, Caixa Galicia posúe o 20% do capital de Pescanova, S.A., segundo máximo accionista despois do propio D. Manuel. Caixa Galicia é ademais, un dos principais acreedores financeiros da empresa. É pois, un socio imprescindible de D. Manuel.

En segundo lugar, Pescanova, S.A. acaba de ver como o goberno de Núñez Feijóo autoriza de novo o macroproxecto de piscifactoría en Cabo Touriñán. Proxecto que como se recordará fora paralizado polo goberno bipartito co argumento de que estaba en espazos protexidos pola Red Natura. Aquela decisión provocou que Pescanova tivese que localizar a súa planta acuícola en Mira (Portugal).

Así pois, sendo indiscutible que Abel Caballero tomou este asunto das caixas como unha bandeira electoral coa que, pensa, pode gañar as vindeiras eleccións municipais, non é menos indiscutible, penso, que o que subxace ao pretendido discurso de galeguidade de D. Manuel son os intereses económicos de Rodolfo Langostino. Llevame a casa...

5 comentários:

  1. Home, por fin un valente atrévese a dicir unha verdade: A Pescanova dálle Feijoo licenza agora para a piscifactoría que lle negara o bipartito... e os favores hai que pagalos.
    Que mal cheiraba que ninguén, ningures o dixera en voz alta.
    Iso é afouteza e corazón.
    Bravo.

    ResponderExcluir
  2. Moi atinado, habería que publicar de vez todas as mentiras sobre a fusión.

    ResponderExcluir
  3. Coma desde que se iniciou esteculebron das caixas, O Trasno segue a acertar nas súas analises.

    ResponderExcluir
  4. Está claro, clarisimo lo del Rodolfo.
    Saludos

    ResponderExcluir

No faiado