quarta-feira, 26 de janeiro de 2011

Caixa Pollença non ten problemas

Pollença, un destino turístico de primeiro nivel, é unha poboación da Illa de Mallorca, na Comunidade Balear, de 20.000 habitantes.

Caixa Pollença, fundada en 1880, aparece sempre no último lugar dos listados e rankings de caixas de aforro españolas, por contar cuns activos de só 344 M € (La Caixa ten 280.000 M €, Caja Madrid 228.000 M € e Novacaixagalicia 78.000 M €). Ou sexa, o seu tamaño equivale ao 0,0012 de La Caixa, ou ao 0,0044 de Novacaixagalicia.

Onte saía no telexornal o Director Xeral de Caixa Pollença explicando que eles non teñen ningún problema para cumprir coas novas esixencias impostas polo goberno de España -8% de core capital- e que, polo tanto, seguirán sendo unha caixa de aforro independente e enraizada no territorio. As dúas claves a través das que explicaba esa envexable solvencia son obvias. A primeira, limitarse a xogar un papel de pura intermediación financeira, acometendo operacións de activo –concesión de préstamos- exclusivamente en función do diñeiro captado nas operacións de pasivo –depósitos dos seus clientes-, sen recorrer nunca aos mercados financeiros maioristas. A segunda, unha moi prudente incursión no mercado inmobiliario.

Polo contrario, aquelas caixas de maior tamaño semellan ser as que van ter máis dificultades para superar as novas esixencias, precisamente por non ter respectado ningunha das dúas elementais claves que tan ben explicaba o Director Xeral de Caixa Pollença.

Non estaría demais lembrar agora o énfase que algúns poñían na importancia do tamaño como factor de competitividade e como, en consecuencia, o converteron en argumento decisivo no truculento debate previo á fusión galega. Nos xa escribiamos neste blog o 25 de outubro de 2009 Caixas de aforro: ¿Cuestión de tamaño?, onde negabamos que o tamaño fose determinante para a viabilidade dun proxecto e no que facíamos referencia tamén ao sistema alemán de caixas de aforro, caracterizado por un elevado número de caixas locais de moi pequeno tamaño.

Um comentário:

  1. Sin ir tan lonxe, isa é a actuación en xeral das cooperativas de crédito, no caso galego a Caixa Rural Galega, (por certo, a única entidade que galeguizou o seu nome de verdade na súa denominación social), non sei se minten, pero os datos publicados os tes en:

    http://www.unacc.com/documentos/Anuario/anuario2009.pdf

    ResponderExcluir

No faiado