Máis tarde, recoñezo que para determinadas actividades -textos matemáticos ou composición periodística-, Mac era mellor. Sen embargo, para o uso común, non especializado, seguían sen ofrecer apenas avantaxes. Ata o punto de que houbo unha época en que se vendían como aparellos duais capaces de traballar en entorno Mac ou en entorno windows. Sen embargo, cada vez había máis talibáns de Mac, que coincidían en boa medida cos que compraban coches Saab -algúns, Volvo-.
Co boom dos miniportátiles, recoñezo que algún deseño de Apple era espectacular. Pero eu decanteime por Toshiba, que ofrece aparellos máis pequenos e máis potentes.
Moitos anos despois, chegou o i-phone e eu prefería os teléfonos Nokia ou as pda HTC, e despois as Black Berry. Seguía sen entender as maravillosas avantaxes que seica ofrecía Apple.
Finalmente, sucumbín a Apple, comprando un ipad. O xoguete tecnolóxico ao que menos uso lle din de tódolos que tiven ata o momento. Aínda non sei onde está a súa superioridade a respecto dun mini pc.
Dito todo isto, estou enteiramente de acordo con tódalas gabanzas que ao longo do día de hoxe se levan feito deste home. Interésanme, sobre todo, a súa capacidade para imaxinar "solucións imposibles" e as súas habilidades para liderar e motivar aos colaboradores ata conseguilas.
Unha gran perda porque, sen ningunha dúbida, se o cancro non se cruzase no seu camiño, quedábanlle aínda moitos trebellos imposibles que ofrecernos.
Nenhum comentário:
Postar um comentário