Ese banco malo mantería eses activos todo o tempo necesario, ata que a reactivación da demanda permita sacalos ao mercado. Con outras palabras, trátase de evitar que eses activos perdan valor e que, co paso do tempo, os seus propietarios se vexan obrigados a baixar os prezos para desfacerse deles.
Loxicamente, a creación dese banco malo faríase con recursos públicos (débeda soberana), cos que se lles compraría aos promotores inmobiliarios e ás entidades financeiras todos os activos tóxicos aos prezos cos que os teñen valorados nos seus balances. As estimacións din que se precisarían nada menos que 170.000 M €. Un exemplo máis de cómo a clase empresarial entende o libre mercado. Mentres as cousas van ben, desregularizar, liberalizar, privatizar, minimizar o estado. Cando os negocios saen mal, debe ser o estado o que asuma as perdas.
Nada novo. As eléctricas, as concesionarias de servizos públicos, as caixas de aforros, os fabricantes de automóbiles, as grandes construtoras de obra pública, ..., hai tempo que se veñen lucrando desta tan sui generis lóxica capitalista.
Nenhum comentário:
Postar um comentário