Di hoxe El País que o baltarismo en Ourense é xa unha relixión. Onte, nunha homenaxe que reuniu a 3.400 persoas, exercendo de mestre de cerimonias "porque me peta e porque te quero", ao máis puro estilo americano, aquel mestre de instituto convertido en estrela -de andar pola casa- dos mass media autóctonos grazas a tvg.
Amigos e menos amigos rendéronlle pleitesía a quen, dende hai dúas décadas é líder indiscutible da provincia ourensá. Pero é moito máis. En palabras de Núñez Feijóo "pedra fundamental na construción do galeguismo". Sen complexos.
Pero á marxe da presenza da cúpula do PP galego, de boa parte do goberno, e de comunicados de felicitación do goberno de Madrid, o máis importante do acto de onte é a constatación, unha vez máis, do atinado da que, dende sempre, foi unha das principais liñas básicas de pensamento que guiaron a acción política do mestre Baltar: "a todo o mundo lle gusta o pienso, o caso é saber darllo".
Polo que se ve, el soubo dalo a destra e sinistra. Ou non, pero o certo é que onte non faltou ninguén. Alí estaban curas e banqueiros, analistas políticos e opinantes profesionais e, incluso, alcaldes do PSOE.
E tamén significados representantes da intelectualidade galega, algún incluso correlixionario, noutros tempos, de Enrique Líster, naquel Partido Comunista Obreiro Español do que ninguén se lembra xa. Tampouco quixeron faltar algúns dos máis altos representantes institucionais da cultura galega que non podendo estar presentes no acto de onte, enviaron misivas de adhesión inquebrantable.

Que vergoña de país, este.A Ferrín foiselle o perolo de vez, logo de enchufa-la súa filla e o seu xenro na RAG e de pedir un chofer de seu... hai que telos cadrados, d´aquí a Conxo. Parece que hai que ser de esquerdas ata que se poda ser de dereitas.
ResponderExcluir¿E cánto máis de esquerdas eras, máis de dereitas te volves?
ResponderExcluirParece que si.
ResponderExcluir