terça-feira, 26 de junho de 2012

Rescate bancario, mouchos, curuxas, sapos e bruxas

Hoxe, 26 de xuño de 2012, a prima de risco pechou en 517 puntos. O Tesoro Público español colocou 3.077 millóns de euros en bonos a curto prazo, cun tipos de xuro moi superiores aos da emisión anterior. A tres meses colocáronse 1.600,49 millóns de euros con un interese marxinal do 2,5%, que triplica ao da anterior poxa co mesmo prazo (0,879%), e a seis meses adxudicáronse 1.477,21 millóns ao 3,369 %, case o dobre do que o Tesoro tivo que pagar en maio (1,793%).

Hai dous días, Moddy's situou a 21 de 28 entidades financeiras españolas analizadas, na categoría de bono lixo. A axencia atribúe esta redución da nota á menor confianza na débeda soberana española, que afecta á "capacidade do goberno para apoiar aos bancos", á escasa autonomía de crédito destas entidades, e á exposición dos bancos ao mercado inmobiliario.

Todo isto ocorría despois de que España solicitase formalmente o "rescate bancario". A falta de que se concreten finalmente as condicións dese préstamo, parece cada vez máis claro que non servirá para solucionar nada. Salvo para manter vivas, de xeito artificial a unhas entidades que teñen demostrado xa a súa inviabilidade.

Si hai uns días analizabamos a presión da débeda externa para que finalmente se produza un rescate global da economía española, hoxe ímonos centrar na evolución recente dos acreedores da débeda soberana española.

 

Gráfico 1. Evolución dos acreedores da débeda soberana española 2007-2012 (millóns de euros).


O gráfico 1, mostra cómo en 2007, os inversores estranxeiros posuían o 45,52% da débeda pública española, mentres que en 2012 esa porcentaxe diminuíu ata o 31,46%, e seguirá baixando. Si os inversores estranxeiros foxen da débeda soberana española, tanto vendendo no mercado secundario os títulos antigos, como non acudindo ás novas poxas, iso significa que a débeda soberana española está cada vez máis en mans das entidades españolas. O gráfico 2 mostra como se distribúe a débeda soberana española entre os diferentes posuidores. Efectivamente, en abril de 2012, o 68,53% do total de débeda soberana está xa en mans de entidades españolas.

 

Gráfico 2. Débeda da banca española co BCE (millóns de euros).


Ese cambio de mans prodúcese cando o BCE comezou a inxectar sen límite liquidez ás entidades bancarias, a un custo ao redor do 1%, que os bancos aproveitaron, non para que fluíra o crédito a familias e empresas, como era o obxectivo, senón para obter rendibilidades moito máis altas e inmediatas, comprando débeda pública española.

O gráfico 3, amosa como a débeda da banca española co BCE multiplicouse por seis dende abril de 2011 a abril de 2012. Coincidindo esta nova voracidade da banca española co desexo dos inversores estranxeiros de abandonar a débeda españolas a medida que as dúbidas sobre a nosa economía se incrementaban. 

 

Gráfico 3. Posuídores da débeda soberana española, abril 2012 (millóns de euros).


Si agora é o estado o que ten que asumir 100.000 millóns de euros de débeda pública adicional para inxectala nos mesmos bancos que son os principais posuidores e compradores da débeda pública soberana que emite o estado, e fácil entender por qué hai días Stiglizt prognosticaba que o rescate non funcionará: "Si o goberno rescata aos bancos e a banca rescata ao goberno, o sistema convértese nunha economía vudú. Non está funcionando e non funcionará".

Salvo que o amañen meigas e trasnos. Que diso, por aquí hai.

Nenhum comentário:

Postar um comentário

No faiado