sábado, 20 de março de 2010

Llegó la comandante (Merkel) y mandó a parar

A raíz da crise financeira grega abriuse o debate. Dúas posturas, de momento un tanto de difusas, pero claramente contrapostas.

Dun lado, os que opinan que ten que ser a UE a que acuda ao rescate da economía grega. Nesta posición encabezada por Francia, están a maioría dos países da UE, incluída a propia Grecia.

Do outro, os que creen que a UE non ten mecanismos, nin recursos nin obrigación de solventar a papeleta grega e que si este país non pode por si mesmo saír do burato que recorra ao FMI. Lidera esta segunda posición Alemaña, secundada por Holanda, Finlandia e Italia. Mesmo o presidente da Comisión, Durão Barroso apuntaba onte que "Grecia e tódolos Estados membros da UE pertencen ao FMI, e son con moita diferenza os que máis contribúen ao seu financiamento".

A liña argumental dos que defenden que sexa a UE a que a que acuda a salvar a economía do país heleno é teoricamente consistente. En primeiro lugar, avisan agora que a creación do euro foi un tremendo erro porque "unha política monetaria única, con políticas orzamentarias nacionais e sen que exista sequera un orzamento común que servise para apoiar aos socios en dificultades, da lugar inevitablemente a un triángulo de equilibrio inestable". En segundo lugar, o FMI non debe axudar a Grecia como non axudou a California. As dúas economías forman parte dunha área de moeda única, unha o dólar, outra o euro. Porén, con unha pequena gran diferenza: California fai parte dos Estados Unidos de América que ninguén discute que é unha verdadeira zona monetaria, pois conta con 3 elementos fundamentais que o euro non ten: 1) mobilidade do factor traballo, 2) un orzamento central 3) e unha unión política. O Pacto de Estabilidade non ten entidade suficiente para subsanar as fallas de estrutura da moeda única. É sintomático que esta sexa a mesma argumentación que ven defendendo con teimosía Paul Krugman dende hai tempo e que, como comentabamos nun anterior post, está ocupado, sobre todo, en que o dólar manteña a hexemonía como divisa de referencia internacional para o que resulta fundamental debilitar a moeda europea.

Os alemáns defenden que quen debe acudir ao rescate de Grecia é o FMI. Non estaría demais lembrar as cifras de contribución neta á UE (véxase a táboa I).

Táboa I. Contribución neta por país á UE

Á vista deses datos, o que realmente están dicindo os alemáns é que eles non están dispostos a pagar a factura da axuda a Grecia, porque si, efectivamente serían eles os que pagarían. E, sobre todo, o que non queren é sentar un precedente para outros máis que previsibles futuros casos de países que, como os gregos, entrarán a non moito tardar en dificultades.

Máis aló da teoría, a contundencia dos datos de financiamento da UE carga de razón a Alemaña e a Merkel. Teño para min que, dende a súa óptica, chegou o momento de dar un golpe de timón no rumbo que debe seguir a UE. Para empezar, eu tomaríame moi en serio esa ameaza de expulsar da zona euro a todos os países que sexan incapaces de cumprir co pacto de estabilidade.

3 comentários:

No faiado