sexta-feira, 12 de março de 2010

Zarrías consegue a síntese do debate político galego

Ata o de agora o gran debate social e político en Galicia era bipolar, dende a lingua ás caixas e dende as caixas á lingua. Pero chegou este señor de Jaén e conseguiu sintetizalos nun só.

De paso, deixou en evidencia cál é a posición máis íntima de Núñez Feijóo a respecto do idioma.

Se un anglosaxón, excepcionalmente se dignara comunicarse con el en español –ou máis excepcionalmente aínda, en galego- a bo seguro que llo agradecía infinito. Interpretaríao como unha grande deferencia.

Por qué cando un de Jaén fai o mesmo esforzo, lonxe de agradecerllo Núñez Feijóo o toma como unha provocación, un insulto?. No tiene por qué escribirme en gallego, en Galicia entendemos perfectamente el español, algunos incluso el inglés...

É unha mostra dos seus complexos máis fondos, ou será simplemente que está buscando unha válvula de escape para a calexa sen saída en que se meteu co asunto da lei de caixas?.

5 comentários:

  1. Non hai peor branco para un negro que outro negro que quixera ser branco.

    ResponderExcluir
  2. Hoxe, A Furada do Trasno en Nosquedaportugal:

    http://nosquedaportugal.blogspot.com/2010/03/blogs-de-referencia-en-economia.html

    Saúdos.

    ResponderExcluir
  3. Obrigado amigo. Xa escribín no teu blog.
    Saúde,

    ResponderExcluir
  4. A comprovaçom definitiva de que para ser alguém nesta vida e colheitar suceso cumpre ser um ignorante, um bocapodre, um hipócrita, etc. Vaia com a brigada de demoliçom e limpeça étnica que temos na Junta... como punha naquelas camisolas quanta merda... Junta.

    ResponderExcluir

No faiado