domingo, 9 de outubro de 2011

¿E si ganhamos?

Di Alan Greenspan, antigo presidente da Reserva Federal norteamericana, nun artigo publicado no Financial Times, que os países do sur de Europa, como Grecia ou Portugal, que se teñen caracterizado por taxas de aforro negativas e exceso de consumo, deben converxer cara ao modelo económico dos países do norte europeo, caracterizado, di, por inflación baixa e preferencia polos investimentos de longo prazo en vez do consumo inmediato.

Lembroume este artigo de Greenspan aquel debate no parlamento portugués no que se discutían solucións á fonda crise económica.

Despois de moitas horas de debate, intervén un deputado dun grupo minoritario que di: "Eu acho que encontrei uma solução definitiva para superar esta crise. A estratégia é a de declarar a guerra contra os Estados Unidos de América. Nos perdemos, eles nos invadir e Portugal convértese asim no Estado nº 51 da Unión de Estados Norteamericanos..."

Despois duns momentos de desconcerto, dalle a réplica un deputado do grupo que respalda ao goberno. Simplemente di: "Acho moito interesante a solução formulada polo colega, mas contém um enorme risco... ¿que acontecería se nos ganhamos?."

Coido que a solución de Greenspan é igual de imaxinativa que a que propuña o deputado portugués, pero... ¿e si ganhamos?

Nenhum comentário:

Postar um comentário

No faiado