Consumado o fracaso da opción a prol da que el tanto empuxou, arremete hoxe contra a falta de control político e social que permitiu aos anteriores dirixentes das dúas caixas -Méndez e Gayoso- xestionalas como si de verdadeiras empresas privadas se tratase.
É difícil non concordar con esta argumentación de hoxe. Sen embargo, durante eses moitos anos, a primeira aproximación de Antón Baamonde a este asunto foi para poñerse na cabeza da manifestación a favor da fusión, seica para conseguir unha entidade financeira forte, galega e solvente. Antes, non lembro terlle lido nada no que puxera en cuestión a actuación nin de Méndez nin de Gayoso. E despois, tampouco lle teño lido nada que soase a lixeira autocrítica por ter defendido con tanto ardor como el o fixo unha opción, a da fusión, que finalmente demostrou ser un estrepitoso fracaso. Máis ben ao contrario, segue a escribir a favor da marea, sumándose á indignación popular polas multimillonarias prexubilacións, ou cuestionándose agora o por qué dende os anos sesenta e setenta ámbalas dúas caixas se xestionaron como se xestionaron. Botándolle a culpa, a beneficio de inventario, a un dos tópicos máis enraizados no imaxinario español: a especial idiosincrasia que temos os galegos.
Entendendo o duro que pode ser exercer na trincheira do opinante profesional, iso non debería impedir manter posicións máis distantes e obxectivas. Para finalizar, traio de novo aquí, para recordar, algúns dos comentarios dos momentos máis álxidos dese infausto Celta-Deportivo que agora xa esmorece: Un tremendo error (rizando o rizo) ou Disparando a dar.
Nenhum comentário:
Postar um comentário