Non se faga ilusións o lector. Nada máis lonxe da realidade. O documento non é máis que un decálogo de prebendas que a patronal lle esixirá ao próximo goberno. Ou sexa, o de sempre e coma sempre. Aí van:
1. Redución do gasto corrente. O groso do axuste debe realizarse reducindo o gasto público corrente: simplificando a estrutura administrativa, reducindo o tamaño do sector público, e aproveitando a colaboración público-privada. Aproveitemos a crise para reducir o sector público e substituílo por negocio privado.
2. Redución dos impostos. Mantemento constante do total da carga fiscal e reforma do sistema tributario: redución substancial das cotizacións sociais; a rebaixa da imposición sobre o aforro e a simplificación e redución do Imposto de Sociedades. Se hai que manter a carga fiscal para financiar todas as axudas que reclamamos, que outros paguen máis para nos pagar menos e cobrar máis.3. Reforma del mercado laboral e da negociación colectiva. Un novo pacto de moderación salarial para o período 2012-2015; simplificación da lexislación laboral e do número de contratos para facer atractiva a contratación indefinida con unha redución substancial do custe do despido, que debe situarse en vinte días por ano traballado, con unha contía máxima de doce meses de salario; a creación de novos contratos a tempo parcial e de formación; a eliminación da referencia da inflación para fixar os salarios na negociación colectiva, e o impulso de máis liberdade para que o empresario poida organizar o cadro de persoal para atender á evolución do mercado. Hai que facilitar o convenio de empresa e a posibilidade de incumprir o do sector si elo pon en perigo a viabilidade da compañía. Tamén, unha nova lei de folga, favorecer a solución extraxudicial dos conflitos laborais. Modernicemos as relacións laborais. Desregularización. Acabemos dunha vez con esta lexislación laboral marxista que herdamos do franquismo. O acaído é un pacto bilateral traballador-empresario sen interferencias. A seguinte petición será a ilegalización dos sindicatos por perturbadores do clima laboral e innecesarios neste novo contexto.
4. Restablecemento do crédito e da liquidez para as empresas. Concluír o proceso de reestruturación do sistema financeiro; xestionar a súa reestruturación con criterios transparentes e que eviten a distorsión da competencia; o cumprimento estrito da lei de morosidade por parte das Administracións Públicas; o recoñecemento da débeda das Administracións Públicas con subministradores e establecer un calendario de pagos. A compensación das débedas tributarias e da Seguridade Social con débeda das Administracións Públicas coas empresas. Por suposto, é o estado, non os bancos que son dos nosos, o que ten que asumir o custo da reestruturación do sistema financeiro e o que ten que cumprir estritamente a lei de morosidade, as empresas non.
5. Unidade de mercado e fomento do espírito emprendedor. Unificar a lexislación que afecta á actividade empresarial, aprobar unha Lei de Garantía de unidade de mercado. Elevar a valoración social da figura do empresario e da economía de mercado, reducir os custes de financiamento das empresas que empezan, crear un réxime especial na política fiscal e laboral para as empresas de nova creación. Aproveitemos para acabar con esta leria das comunidades autónomas. É curioso que a esixencia de unidade de mercado non se refira ao conxunto da Unión Europea, ¿Será que cara á competencia foránea si nos veñen ben as "peculiaridades" normativas da lexislación española?. É un bo momento tamén para elevar por decreto a valoración social do empresario, xa que documentos coma este non contribúen demasiado. 8. Aposta pola I+D+i. Mantemento do esforzo inversor en I+D+i; a mellora da fiscalidade da actividade de investigación e desenvolvemento; o reforzamento dos sistemas de financiamento da I+D; o incentivo á participación de empresas españolas en proxectos europeos; a elaboración dun plan de desenvolvemento nacional dixital, e a busca de alternativas ao canon dixital. Se o esforzo inversor en I+D+i é baixo, en relación ao de outras economías semellantes, débese en gran medida ao ridículo esforzo privado. O gasto público é máis homologable. Por iso só pedimos que se manteña, non que se incremente. Pero o máis importante, o gasto "privado" ten que ser subvencionado ben con medidas fiscais, ben con financiamento público blando, ben con axudas directas ás empresas para que concorran ás convocatorias europeas. Nunha palabra, a aposta pola I+D+i, pola súa importancia, ten que ser 100% pública. Os resultados xa nos encargamos de rentabilizalos nos.
9. Redeseño das políticas enerxéticas. Adecuado equilibrio entre uns prezos competitivos e unha axeitada remuneración do sector; un pacto de Estado que garanta unha seguridade xurídica necesaria para realizar investimentos a longo prazo, e que se integre a España no mercado de enerxía da UE. A incesante suba dos prezos da enerxía é un problema importante para as empresas. Pero as empresas enerxéticas son dos nosos -e tan importantes coma os bancos-, polo que ten que ser o Estado o que abone a diferenza entre o prezo da enerxía -exclusivamente a de consumo empresarial- que nos consideremos axeitado e o prezo que as empresas enerxéticas consideren que deben cobrar.Por outro lado, independentemente de que a liberdade de mercado garanta aos propietarios das enerxéticas o seu dereito de vender a quen consideren as súas participacións, o Estado ten que garantir a integración de España no mercado de enerxía da UE, aínda que xa non teñamos empresas de enerxía. Os nosos amigos, rusos, alemáns ou mesmo mexicanos, si as teñen.
10. Aumentar a dotación orzamentaria para a internacionalización Aumentar a partida de gasto público destinada á internacionalización das empresas, a mellora do tratamento fiscal das actividades de exportación e investimento e a reforma do marco institucional de apoio á internacionalización de forma que sexa máis áxil e adaptado ás necesidades das empresas. Que se eliminen as restricións aos instrumentos de financiamento da internacionalización. Conscientes da importancia que a internacionalización e o incremento do volume de exportacións ten para o país, debe ser o Estado o que asuma os custos dese esforzo que nos estamos dispostos a facer polo ben do país.
Esta é a clase empresarial que temos. Con un par. Sen máis comentarios...
Nenhum comentário:
Postar um comentário