quarta-feira, 12 de outubro de 2011

¿Para cándo unha nova encíclica?

Xa se está a botar de menos, nestes tempos turbulentos que vivimos, unha nova encíclica de Don Santiago, Rey da Coruña, que nos explique cómo son as cousas, que identifique culpables, que nos sosegue, que nos calme, ou que definitivamente nos condene.

Non sei se é simplemente falta de ánimo, ou se está agardando para cando este país quede definitivamente coma un solar, facer balance final.
Porque motivos hai dabondo para xustificar a necesidade dun breve -ou non tan breve- escrito que nos ilumine, que nos guíe, que de algo de luz a este pobo desnortado -nunca mellor dito, aló menos no financeiro-. 

Xa sei que os seus escribidores profesionais se esforzan por elevar a moral da tropa -nomeadamente a xefa de economía- pero que queren que lles diga, non é o mesmo. Necesitamos un chute concentrado de esencia, de pensamento puro, en clave de país.
Despois da desfeita das caixas, ou da caixa, ou do caixonciño, porque non pode ser que Don Santiago trague coas soflamas dos seus propios adláteres, nin con algunha que outra vitoria pírrica coma o nomeamento de Castellano,  chega o do Pastor. Un mísil na liña de flotación da capital financeira do país.

A cidadanía está desorientada. Demasiado desmantelamento en tan pouco tempo. Nos momentos difíciles é cando cobra valor un gran timonel que lle axude ao pobo a recuperar o norte.
Parecíanos que hoxe, unha data tan cargada de simbolismo, era o día. Pero non.

Non se entende como tarda tanto. ¿Ou será que co bipartito era máis fácil e co PP da máis preguiza?

Um comentário:

  1. Lamentable... outro día máis sen que dimita Feijóo logo de pedir a dimisión de todocristo... e el recibindo delincuentes no seu despacho... e con moita fachenda!

    ResponderExcluir

No faiado