sexta-feira, 14 de outubro de 2011

Retrato da crise en tres flash

Ímonos limitar hoxe, simplemente,  a traer aquí tres gráficos que amosan a verdadeira dimensión da crise nos ingresos fiscais do Estado.

Aínda que os datos dispoñibles no Ministerio de Economía e Facenda alcanzan só ata o ano 2009, é fácil intuír que os anos que faltan, 2010, 2011 e, con seguridade, tamén 2012, serán máis do mesmo, pero a peor.



Non fai falla explicar que detrás destes datos están as taxas de desemprego, a caída da demanda interna e a diminución da produción industrial.
Se en sucesivos exercicios económicos con caída da recadación impositiva non diminúe en consecuencia o nivel de gasto público, é inevitable que se dispare o endebedamento ata o punto no que estamos xa na actualidade, perda de credibilidade e confianza que, nunha primeira fase encarecen esa débeda, e despois, simplemente, fai imposible de colocar máis débeda soberana no mercado.

É certo que queda algunha marxe para incrementar a recadación: subida das taxas impositivas tanto nos impostos directos como nos indirectos, bolsas de fraude, novos impostos, etc.  Pero todas estas solucións, que poden ser imprescindibles a curto prazo, acaban diminuíndo aínda máis o consumo e as taxas de actividade, polo que redundarán en máis desemprego e menos ingresos fiscais.
Non queda outra, polo tanto, que reducir moito o nivel de gasto público, tratando de preservar os investimentos en todo aquilo que contribúa a mellorar a competitividade. Pero isto deixarémolo para outro día...

Nenhum comentário:

Postar um comentário

No faiado