sábado, 6 de março de 2010

Caixas: o momento da verdade, di agora o BNG

O goberno de Núñez Feijóo "cede y retoca puntos de la ley de cajas sin casi alterar el fondo". Curiosa esta interpretación de La Voz de Galicia. É suficiente para o goberno de Madrid que a Xunta dobre o xeonllo e ceda a enviar unha redacción alternativa sen alterar o fondo?.

Semella que non. Desa negociación só pode saír un pacto PP-PSOE. Qué obxectivos terá ese pacto? Os que se veñen prognosticando dende hai tempo: fusións interrexionais que posibiliten a integración de Caixa Galicia en Caja Madrid e que Caixanova acabe entrando nunha SIP con caixas que están na órbita do PSOE.

E o BNG?, como xa se dixo aquí, en orsay. Ese acordo entre os dous grandes partidos converte en irrelevante o apoio ou o rexeitamento do BNG. A flamante lei de caixas, que xurdiu da iniciativa parlamentar nacionalista, convenientemente retocada, acabará sendo apoiada polo PSdG e o PP. O BNG terá que decidir se suma como terceiro socio innecesario (posición moi difícil de explicar e que provocaría moita suspicacia, mesmo no seo da propia militancia) ou si se opón de xeito testimonial.

De momento, semella estar optando por non entrar nese pacto a tres. Por iso hoxe sae Vázquez (Guillerme) en La Voz de Galicia intentando manter a presenza -a cada día que pasa máis insignificante- do BNG neste asunto. Ningunha novidade no argumentario. Estratexia de Madrid -PP+PSOE- para roubar os aforros dos galegos. Agravio a respecto de Cataluña, Andalucía ou mesmo Castela e León. É dicir, unha nova aldraxe que non podemos consentir.

Esíxelle a Núñez Feijóo que rache as negociacións e recorra o FROB diante do Tribunal Constitucional. Ademais de demostrar non saber cál é a posición ideolóxica do presidente -ou non escoitou os pronunciamentos destes días do PP Madrid?-, non se entende moi ben cáles serían os resultados operativos desa posición maximalista de tirarse ao monte.

Todo indica que o BNG, consciente de que xa non pinta nada na resolución do asunto, quere patrimonializar a marea paixoal da cidadanía -que tanto contribuíu a crear- organizando, como adiantamos aquí hai tempo, un grande San Nunca Máis en Compostela. Semella que ese é o momento da verdade ao que se refire Vázquez (Guillerme). Porque no que atinxe ao cerne do asunto, a súa estratexia foi unha continua sucesión de improvisacións e de erros dende o principio.

6 comentários:

  1. Isto derivou no que desde o primeiro momento se via ver, mas veremos se agora o BNG metamorfosea a sua postura e aproveita a aldrage.

    ResponderExcluir
  2. Pois eu penso que a xogada mestra será:
    1. Obligar a CN a fuxionarse con CG.
    2. Quitar o voto de veto sobre as fusión os presidentes das comunidades (xa a apereceu tal cousa solicitada polo BE para favorecer as fuxión interrexionais).
    3. Caja Madrid faise con todo, e Feijoó queda sen responsabilidade polo acontecido.

    ResponderExcluir
  3. Parece que a aposta é capitalizar a mobilización, pero... xa veremos.

    ResponderExcluir
  4. Ese escenario é perfectamente posible, debuxámolo aquí hai tempo, pero depende dos intereses do PSOE.

    ResponderExcluir
  5. Tivo 'graza' ver ó BNG facéndolle o caldo gordo ó PP na "lei de fusión de caixas e patada no cú a Gayoso". Agora a chorar a cangas.

    ResponderExcluir
  6. Iso prognosticámolo aquí hai tempo. Está por ver cómo acaba o asunto.
    Saúde,

    ResponderExcluir

No faiado