segunda-feira, 22 de fevereiro de 2010

Moverá ficha o BNG na encrucillada das caixas?

Non sei se xa é o momento de facer balance político -para poder facer o económico aínda queda moito- no asunto das caixas. Quizás haxa que agardar aínda unha semana para ver cómo se concreta o pacto de Madrid.

O Trasno xa ven de volta. O resumo que se fai a continuación foi prognosticado hai meses dende esta humilde furada. Antes de que X.M. Beiras dixese que "o BNG está a facer de parvo útil do PP", antes de que Aymerich se barruntase que Caixa Galicia acabará en mans do PP e Caixanova nas do PSOE. Antes das diagnoses que estes días se fan en blogs nacionalistas...

En calquera caso, cál é o rédito obtido polo BNG?. Entrou no asunto cando Núñez Feijóo mareaba a perdiz e non acababa de tomar posición. Semellaba estar atrapado. O BNG pensou que era momento de atacar de fronte. Presentan unha iniciativa parlamentar para modificar a Lei de Caixas. Gran xogada, coa que se pretendía capitalizar a defensa dos intereses de país. O PSdG, cos mesmos obxectivos que o BNG entra no xogo de pretender arrinconar ao presidente. Sorpresa, Núñez Feijóo súmase e fai súa a iniciativa nacionalista. Capitaliza así todo o discurso da galeguidade e defensa dos intereses de Galicia. Cando o PP acepta a iniciativa parlamentar do BNG, o PSdG apéase. A partir dese momento, canto máis se define a mensaxe do BNG, máis rédito político para Núñez Feijóo. O BNG cada vez máis eclipsado.

Chega a reacción de Madrid. Recurso de inconstitucionalidade. Negociación Xunta - goberno de Madrid. O BNG totalmente en orsay non é informado, moito menos consultado, das conversas con Fernández de la Vega, con Blanco ou con Zarrías. Porén, o BNG séguelle facendo o traballo duro ao PP tratando de explicar á cidadanía desconforme, principalmente no sur, especialmente en Vigo, as bondades da posición que defende o PP en Madrid. Neste momento a acción política do BNG percíbese xa como traballar directamente para o PP. Absolutamente fóra do previsible pacto. Sabendo que non quedan alternativas. Cando se materialice o acordo PP-PSOE o BNG deixa de ser relevante no Parlamento de Galicia, o socio necesario pasará a ser o PSdG.

Está por ver si o BNG sigue sumando, como terceiro apoio irrelevante ou si entón se desmarca, quedando totalmente illado e en contradición coa posición que viña defendendo ata o día anterior. Se sigue sumando, a pregunta é obvia: cál é o interese real do BNG no asunto das caixas de aforros?, teremos que empezar a dar creto a eses rumores cada vez máis insistentes que conducen directamente a que ese verdadeiro interese é basicamente espurio?. Si se desmarca..., cál é o rédito final?, que explicación se dará?

3 comentários:

  1. Boa reflexom e ainda melhores perguntas... Umha aperta

    ResponderExcluir
  2. Totalmente de acordo coa análise, xa apuntara eu tamén este feito nalgúns foros e no meu blog, o BNG está a face-lo parvo co tema das caixas e dándolle osixeno o PP, coma todos sabemos dende hai tempo, todo o referente ás caixas xa estaba decidido de antemán, para que loitar nunha guerra perdida, ten moitas outras cousas o BNG onde poder facer unha oposición forte...

    ResponderExcluir
  3. Concordo Xabier. Obrigado. Unha aperta Outeiro.
    Saúde,

    ResponderExcluir

No faiado