Os lectores que se achegan con regularidade a este blog saben que dende o principio vimos dicindo que Núñez Feijóo neste asunto das caixas de aforros xoga con rede, que non arrisca nada. É, cando menos, curioso que aqueles que baseaban o seu argumento en que a presión nacionalista popular tíñao situado nunha posición incómoda, coincidan agora co noso prognóstico inicial.
O goberno de Madrid moveu ficha e presentou o recurso diante do Tribunal Constitucional, albíscanse xa diferentes posibles escenarios políticos:
1. Núñez Feijóo non solta a bandeira. A tentación politicamente máis primaria que se lle presenta a Núñez Feijóo é expremer ao máximo a marea populista, aproveitando a capacidade de mobilización do nacionalismo, pero coidándose moito de ocupar o seu sitio detrás da bandeira. Si se enrocase nesta posición de capitalizar a ultranza a aldraxe -cousa moi improbable- estariamos asistindo ao nacemento do gran líder do que o nacionalismo anda tan necesitado. É significativo que no argot nacionalista pasara estes últimos días de ser o frijolito a ser Feixóo.
2. Núñez Feijóo non solta a bandeira, de momento. O que Núñez Feijóo pode percibir como politicamente máis rendible é aproveitar o que poida, nos próximos días, a mobilización cidadá que o BNG está rabeando por poñer en marcha xa, eclipsando así, como ven facendo dende o comezo, a Vázquez (Guillerme), pero sentando as bases, en paralelo, do proceso de negociación co goberno de Madrid e co PSOE. Unha vez escenificada a segunda aldraxe histórica nunha grande manifestación popular en Compostela, na que el aparecerá como o primeiro defensor dos intereses do país -por fin un presidente que antepón Galicia a todo o demais-, seralle doado facer entender á cidadanía que a única saída operativa é negociar un acordo co goberno de Madrid.
3. Hai pacto PP-PSOE, pero o BNG oponse. Este é o escenario que con toda probabilidade buscan o goberno de Madrid e o PSOE. Polo que fai ao asunto económico esta solución volve a poñer o caso galego na senda do gran pacto madrileño PP-PSOE para reordenar axeitadamente o mapa financeiro español. E politicamente, a nivel galego, leva a substituír ao BNG polo PSdG como socio necesario. A reforma da nova lei de caixas contaría co apoio do PP e do PSOE, e o BNG quedaría como opositor testimonial -as augas volven ao seu cauce-. Para Núñez Feijóo esta é unha excelente solución. Aparecerá sempre como o gran defensor dunha galeguidade imposible e ao tempo entra na vía do que PP Madrid, Rajoy, Rato, etc. queren. Non esquezamos que as súas aspiracións políticas pasan por Madrid. O BNG retornará a ocupar o seu espazo político natural.
4. Hai pacto a tres. Por dicilo con máis propiedade, o BNG súmase ao pacto PP-PSdG e apoia as reformas da lei de caixas pactadas con Madrid. O resultado final é o mesmo que o de escenario anterior. O BNG segue totalmente eclipsado, obtendo, quizás, algunha prevenda económica.
5. Madrid forza o non pacto. Este escenario é politicamente moi improbable pero que pode materializarse se economicamente a fusión é inviable -iso saberao o Banco de España-. Nesa altura, o Banco de España tería que intervir inmediatamente Caixa Galicia, quedando así en evidencia que o proxecto de fusión era unha mera ilusión romántica imposible. Mesmo neste caso, Núñez Feijóo poderá salvar a cara. Intentouse, pero o que non pode ser non pode ser e ademais é imposible.
Así pois, como vimos dicindo reiteradamente aquí -1, 2, 3, 4-, o BNG -e a intelectualidade nacionalista- que entrou neste asunto de maneira desaforada, sen ningún tipo de análise, en contra da opinión dos seus militantes máis cualificados en materia económica, e buscando exclusivamente rendibilidade política, ten todas as papeletas para saír trasquilado.
O escenario en cuestión de meses mudou radicalmente. O certo é que a miña análise ('cortina de fume do 22.11, non podo pegar a ligazón, onde básicamente pedía que antes de botarnos ó río "fusión si - fusión non" denunciaramos cales son os verdadeiros intereses detrás de todo esto, que o importante é termos caixas ´que sexan públicas e galegas, se son unha duas ou vinte tanto ten, e por último que decidamos se procede fusionar ou non unha vez sabeamos a situación real de ambas caixas) agora esta análise quedou totalmente desbotada. O BNG botouse ó río ás primeiras de cambio, foto incluida, e agora coas roupas na beira, espidos e corrente abaixo polo río, non queda máis que rezar.
ResponderExcluirPorque dos 5 escenarios que plantexas, eu asignaríalles as seguintes probabilidades:
1. nacemento do gran lider do nacionalismo??? Feijoo por suposto hai moito que é o gran lider do nacionalismo... español máis recalcitrante. Probabilidade 0% absoluto.
2. 20% Cabe a posibilidade de que o PP manteña a escenificación iniciada onte 'Galicia ten dereito' unhas semaniñas máis, si, ata asinar o pacto co PSOE. Pero vamos, eu vexo este escenario máis como antesala do escenario 3, que é o que lle vexo máis probabilidade.
3. 50% O escenario máis probable, ó que lle dou só un 50% de probabilidades por prudencia, porque sei que non son infalible, que senón... dáballe un 99%. Se algo demostrou esta crise das caixas é que Feijoo sabe facer política, sabe xogar cós tempos, sabe calar cando hai que calar, e actuar cando hai que actuar. Mr Vázquez, en cambio... bueno, mellor calo.
4. 0% Este escenario sería posible se o escenario 3 derivase nunha modificación da lei de caixas que permitise que as caixas galegas fosen controladas pola Xunta, tal e como di a nova lei, de xeito que o BNG a asinaria. Pero se precisamente o que busca o PSOE de Madrid (e o PP anda buscando, pero de xeito moito máis habelencioso) é anular ese apartado da lei... de verdade cremos que a reforma se fará respetando ese punto, e permitindo que a Xunta de Feijoo, unha vez tomado o control das Caixas, ordene fusión??
5. 30% Doulle unha porcentaxe non moi alta, porque non sei se porque ainda son demasiado inxénuo... non vexo ó PSdG tragando coas directrices do PSOE ata o punto de quedar para a historia como quen atentou contra os intereses de Galiza, e ó tempo regalandolle ó PP o que queren (CXG para Cajamadrid) deixando ó mesmo tempo a Feijoo ante os galegos como adalid da causa galeguista. De todos xeitos doulle un significativo 30% de probabilidade pq o PSOE está a demostrar unha capacidade de cagala unha vez tras outra tan descomunal, que deles xa me podo crer calquer cousa.
(posdata: lestes o manifesto "Galicia ten dereito"? Alguén cre que iso o escribiu alguén do PP? Se ninguén do PP usa verbas como "reaxir" ou "alavancas"!! Miña nai, como nos van tomar o pelo en canto chegue a ocasión...)
Magnifica analise hoxe no artigo de Vence no Xornal:
ResponderExcluirhttp://www.xornal.com/opinions/2010/02/05/Opinion/frob-problema-non-solucion/2010020523361300503.html
(O meu, de hai un par de meses, que antes non deixou colar:
http://nosquedaportugal.blogspot.com/2009/11/cortina-de-fume.html )
Concordo, mesmo coas porcentaxes. Daríaste conta que o primeiro escenario que debuxo é máis ben irónico.
ResponderExcluirSaúde,
Pois nada parabéns polo seguimento da desfeita das caixas. Eu xa hai tempo que diexei de falar delas e remito a ti. Un sáudo
ResponderExcluirGrazas Lannister (tamén por enlazar este blog).
ResponderExcluirSaúde,