segunda-feira, 14 de junho de 2010

En mans de la roja

Cos efectos da burbulla inmobiliaria made in spain aínda sen descontar. Cun nivel de endebedamento público elevado e crecente, pero sobre todo privado -empresas e familias-, desorbitado. Cunha enorme restrición de crédito a empresas e familias. Coa decisión de reducir o salario aos funcionarios e as máis que previsibles subas de impostos para tentar de reducir o crecente déficit público. Cunha, consecuencia de todo o anterior, tremenda atonía da demanda interna que provoca un importante exceso de oferta e o conseguinte risco de deflación. Cunha endemicamente baixa produtividade e unha aínda máis baixa competitividade nos mercados exteriores -seguimos sendo, despois de EE.UU., campións do déficit comercial- que impide ser optimistas a respecto dunha recuperación a medio prazo pola vía do tirón dos mercados internacionais, como están aproveitando xa os países emerxentes e aqueles outros máis competitivos, como Alemaña. Sen poder recorrer xa á antano tan socorrida devaluación da moeda...

Con este panorama, resumido de maneira concisa ata aquí, vendo nestes días mundialistas os medios de comunicación, semella que a única táboa de salvación á que se aferra coa forza da desesperación este país e o fútbol e o que poida facer la roja no campionato sudafricano.

Máis alá do que poida pensar eu sobre este tipo de bálsamos de fierabras futbolísticos e que poden ler aquí: menos samba e... máis trabalhar, moito me temo que, dentro dun mes, máis grande será a caída.

Sino de país...

7 comentários:

  1. Boa tarde, Trasno:
    a verdade é que poucas esperanzas nos quedan xa. Esta mañá estiven a escoitar os tiróns de orellas que nos fan desde Alemaña a sua canciller e a prensa daquel país e cómo respostamos desde aquí preguntándonos: que escuros intereses teñen os alemáns en atacarnos? en lugar de recoñecer os nosos erros e actuar.
    Cría que era o único que votaba de menos a peseta e a capacidade de devaluala (soberanía monetaria) e cada día que pasa convenzome máis do ben que estariamos fora do euro, claro está que acompañado de politicas que tiraran da demanda agregada como recomenda Stiglitz. A cambio, estamos nunha voráxine de flexibilizacións laborais que faciliten o aumento dos despidos en troques de aumentar o emprego con menores taxas de crecemento.
    Sobre a miña hipótese da peseta deixolle un enlace:
    http://abelmaceiras.blogspot.com/2010/04/supongamos-que-tenemos-soberania.html
    E quizais acade o asilo na terra dos mouros

    ResponderExcluir
  2. Eu non creo (e supoño que vostede tampouuco) na vinculación entre economía e resultados fútbolísticos. Nin o cree o noso presidente, nin sequera os nosos medios de comunicación. Coma ninguén intelixente cree en que a él vaille tocar a lotería.

    Pero abofé que nos levantaría o ánimo, que paréceme que é do que mais febles andamos todos últimamente.

    ResponderExcluir
  3. a vinculación entre futbol e resultados políticos si existe e sen dubida, é o que máis interesa a esta panda de descerebrados que temos por governantes-oposición.
    Como exemplo, podemos recordar aquel 5-0 a Dinamarca no Mundial 86 de Mexico, cando apareceu un "gazapo" na imaxe dun dos goles de Butragueño que dicia. "OTAN SI". Nin falta fai recordar o resultado final.
    Isto non é máis que un comentario con ánimo de divertimento, mais teñamos presente sempre ese lado oscuro dos ineptos, capaces de buscar solucións etéreas para tapar as deficiencias intelectuais.

    ResponderExcluir
  4. E morreu o conto?...
    Claro, como xa temos a Gayoso de presidente "in pectore"...

    ResponderExcluir
  5. ao final gañaron! a ver se agora se resolve o tema da crise e todo iso...
    morra o conto!

    ResponderExcluir

No faiado