Neste blog, dende o principio, defendemos unha nova Lei de Caixas que permitise avanzar cara unhas caixas máis públicas e máis galegas. É obvio que unha cousa e outra esixía o relevo das actuais tecnocracias dirixentes. Aínda máis, se hai indicios de mala xestión, que se investiguen e se condene. Caia quen caia.
O que non é de recibo, unha vez que se substanciou o debate, de xeito inverosímil, polo veredicto pasional da multitude e o triunfo de Feijóo -aclamado mesmo pola intelectualidade nacionalista de esquerdas- que nunha última volta de tuerca, suponse que para derrubar por anticipado as posibles resistencias legais que aínda poidan interferir na execución da gran solución, se pesonalicen as críticas e os ataques, sen proba nin moito menos veredicto algún, nos máximos dirixentes -máis propiamente no máximo dirixente- dunha das entidades. Máximo dirixente que, dito sexa de paso, gozaba ata onte do beneplácito e parabéns de todo o espectro político, social e mediático do país.
Unha cidadanía minimamente informada revelaríase contra a manipulación de certos líderes de opinión. Sofía Vázquez a cotío, e a columna de hoxe de César Casal en La Voz de Galicia, entre bastantes outros, son grandes exemplos de que estamos na fase do todo vale con tal de levarse o gato á auga. Sen entrar en consideracións sobre a independencia de criterio de tais xornalistas e opinantes profesionais -do que habería moito que falar-, resulta cada vez máis incrible a utilización de tan amarelas prácticas tan polo xornal que aspira a ser a referencia informativa do país.
Outra análise require a columna de onte de Antón Baamonde en El País. Pero tamén se equivoca. Na súa afán de defender, en abstracto, o futuro do país -sen pararse a analizar as posibles consecuencias a medio prazo da deriva que está tomando este asunto- cae no mesmo erro de imputar, inculpar ou criminalizar, en primeira persoa, aos responsables das dúas caixas. Segue sendo acoso e derribo. E ao aliñarse así, sen restricións, coas teses dos que defenden exclusivamente intereses particulares -individuais, localistas ou políticos- corre o risco de ser utilizado, ou de deixarse utilizar.
Moito máis equidistante me parece, por esta vez, o artigo de Antón Losada de hoxe en El País. Ao menos reclama datos económicos veraces para entender a situación e sinala as dúbidas ou os perigos -evidentes- da solución Feijóo-PP. Non debería ser necesario pedirlles aos formadores de opinión ese mínimo nivel de obxectividade.
PObres paxáros
ResponderExcluirimaxinate dous velhos; petrucio 1 a petrucio 2; eu meu velho o da fusión das caixas vexoo ben o que xa non me cadra...eche o da tansfusión nos bancos ( o teño en dibuxo estilo " PADIN" )xose barran
ResponderExcluirInteresante, Xosé. Gostaríame o dibuxo.
ResponderExcluir