O Parlamento de Galicia decidiu hoxe por unanimidade reformar a Lei de Caixas que leva en vigor na súa versión actual 24 anos.
É de resaltar, en positivo, que o PP apoiase a Proposición de Lei presentada polo BNG.
Tamén é para felicitarse que o PP semella pretender agora avanzar na politización e no control público das caixas.
Mágoa que ata hoxe ningún partido político, ningún goberno, tomase a iniciativa -se atrevese- a abordar este asunto nun momento de menos premura e con máis tranquilidade da que rexistra o escenario actual.
Eran moitas as voces que en toda a lexislatura do bipartito viñan chamando a atención reiteradamente sobre a importancia deste asunto. Nin PSOE nin BNG atoparon o momento nin a oportunidade. Seguramente era máis doado, e menos arriscado para determinados intereses, manter a entente cordiale coas tecnocracias dirixentes de ámbalas dúas entidades. Non deixa de ser este un bo exemplo dos continuos e baldíos esforzos da esquerda por achegarse e levarse ben cos poderes económicos do país. Esforzos estériles porque eses poderes económicos, máis aló de gardar as formas de xeito máis ou menos elegante, cando teñen que elixir non dubidan nunca cál é a súa opción política, cáles son os seus.
De terse acometido esa reforma lexislativa no seu momento, outro galo lles cantaría hoxe a todos. Ás propias caixas, aos seus dirixentes e aos políticos.
Agora é tarde. Semella que Núñez Feijóo está decidido a impulsar a fusión -basta con ver o despliegue "informativo" e o desfile de opinantes, sen restriccións de tempo, nos telexornais da tvg durante toda esta semana-.
Aínda que seguimos en total escuridade polo que fai a información veraz sobre a verdadeira situación das dúas entidades, no último post sobre este asunto (caixas de aforros: minutos decisivos), chamaba a atención a respecto das dúbidas sobre a viabilidade de Caixa Galicia e sobre o risco de que unha fusión-absorción acabe sumindo tamén a Caixanova -aparentemente máis saneada e con certos visos de viabilidade- no buraco de Caixa Galicia. Se esa fose a situación, semella que o obxectivo que se busca coa fusión é impedir que escape viva Caixanova.
Forzar a fusión nestas condicións non sería senón un paso máis para avanzar na dirección que marca a gran estratexia deseñada dende Madrid (véxase o post, caixas de aforros: segunda derivada).
Dentro de dous anos, a situación insostible da Caixa Atlántica (chamarémoslle así?) fará inevitable ou ben unha absorción por Caja Madrid, ou ben a privatización en favor de un ou dos dous grandes bancos.
Nesa altura teremos unha nova Lei de Caixas, pero non teremos caixas. Sino de país.
E que o sr Feijoo de tonto non ten nada. Acolleuse a inoportuna iniciativa do bng porque lle cae como anel no dedo da sua extratexia ben clara na amenaza indisimulada a Caixanova. ¡e incluso queren aprobar unha lei de esa embargadura en xaneiro!. Tonterías de tratante.
ResponderExcluirO que me deixou perplexo e a sua atinada predicción. Se acerta, como lle quedará a cara a D.Guillerme cando volve a insistir machaconamente na palabra fusión. O meu entender, a nivel político, e somente por esta vez, o sr. Aymerich é un dos poucos que din algo con sentido.
En canto a suas apreciacións sobre os poucos defensores na prensa da opción de caixanova, non reparou, paréceme, que estar contra a fusión é estar contra o poder e ainda por riba contra o pp a día de hoxe e, nesta nación nosa, os "plumillas" nunca estiveron por esa labor.
Un saudo.Alvarez.
Efectivamente, contra o poder non só mediático, tamén económico e tamén "intelectual". Así é.
ResponderExcluirSaúde
Si, a verdade é que o BNG fixo o parvo, pero parvo de collóns, se non fixera nada, polo menos toda a culpa da saída dalgunha das caixas galegas fora de Galicia sería de Frijolito; así dáselle cancha ó inimigo, e o máis seguro é que as caixa a medio prazo se vaian, así que, para que perde-lo tempo.
ResponderExcluir