sábado, 30 de janeiro de 2010

Un novo nunca máis financeiro? non, grazas

Agora que parece que o goberno de Madrid está decidido a recorrer diante do Tribunal Constitucional a nova do trinque Lei de Caixas galega (PP + BNG), moitos empezan a percibir xa que están a punto de darse as condicións obxectivas para unha mobilización popular da talla de nunca máis, ou aquela máis histórica da aldraxe, neste caso por motivos financeiros.

As ocasións píntanas calvas e hai que aproveitalas, pensarán os líderes máis preclaros. Hai que excitar a fibra máis sensible dos bos e xenerosos.

A restra de argumentos a utilizar é fácil de imaxinar. Ataque á dignidade do pobo galego. Expolio, unha vez máis, dos recursos do país. Roubo dos aforros dos galegos. Outra mostra do colonialismo español. Manobra centralista. Aldraxe inadmisible. Ataque a Galicia. É preciso mobilizarse para defender o país diante dun oprobio de tal calibre. Non pasarán. O pobo, unido... Se isto non se fusiona, leña, se isto non se amaña, caña, caña, caña. Lembremos os encoros. Lembremos o que pasou con Unión Fenosa. Pero non esquezamos a nuclear de Xove. Yes, we can.

Sobran, como se ve, razóns para organizar a meirande mobilización da historia, esta vez si, en clave de país. Por unha causa nobre e xusta. Non o imos permitir. Algúns estarán facendo xa o cálculo da previsible rendibilidade electoral.

Hai, porén, algunhas cuestións que veñen a distorsionar acción política tan de manual. A máis importante é que, como sería natural e desexable, o PP e o goberno da Xunta non están en fronte. Ao contrario, Núñez Feijóo agarrouse á bandeira e, de momento, non pensa soltala. Hai que facerlle un sitio na cabeza da manifestación. Unha manifestación ao lado dos do PP, que queren que lles diga, non é o mesmo.

Deberían ter en conta os estrategas, polo tanto, que nesta tesitura córrese o grave risco de que, como ven acontecendo ata o de agora dende o inicio do asunto das caixas, unha parte importante do rédito político de tan ímproba mobilización das masas, acabe sendo capitalizado polo PP.

Sen esquecer que, como temos repetido ata a saciedade neste blog, Núñez Feijóo neste asunto xoga con rede e non arrisca nada. Se sae a fusión, el é o único artífice. Non gusta oílo, pero gañoulle enteiramente a posición ao BNG. Se non sae, el intentouno. A culpa terá múltiples posibles pais: goberno central, Banco de España, localismos recalcitrantes, dirixentes das caixas que só miran polos seus particulares intereses. Si se consuma a fusión e dentro dun ano ou dous, demóstrase que non é tan solvente e viable como se prevía, sempre poderá presumir do enorme esforzo feito por salvar o país; pero a crise, a desastrosa xestión previa das dúas caixas, a nefasta auditoría de KPMG, fixérono imposible. Menos mal, diranos naquela altura, que está aí Caja Madrid -ou o Banco de Santander- para salvarnos os mobles.

Así que, batalla política que non desgaste ao adversario político, o PP, e si desgaste moito previsiblemente, ao socio imprescindible, o PSdG, ten graves riscos de converterse nunha vitoria pírrica. Cando non de acabar traballando para o inglés.

2 comentários:

  1. Mentiras, por un lado y por el otro aprovechando fallos para subir peldaños en carreras políticas y "juán pueblito" que calle y otorgue. Empezando por ayuntamientos, esos grandes muñidores de la cultura del pelotazo que ahora se presentan como víctimas de la insolvencia.
    Estamos en crisis y las cúpulas políticas, empresariales, sindicales, financieras, etc., se comportan como castas preservadoras de sus intereses y privilegios.
    A la calle ya!!! con pancartas en gallego, castellano o chinés: la unión hace la fuerza.

    ResponderExcluir
  2. Nunca me sentim tam defraudado com o BNG como com o tema das caixas. É evidente que a dívida de 4 milhons de € com caixa Galicia e Caixa Nova, motivada por ruinosas, e à vista está que pouco eficazes, campanhas-mercadotécnia à americana converteu-nos no “tonto útil” do PP, como dixo Beiras. Porque dous dos mais grandes economistas galegos (Vence e Beiras) nom advogam pola fussom e o BNG fai-no coma o PP e o PSOE com entusiasmo?

    Os verdadeiros objectivos do Banco de Espanha som privatizar as caixas e pôr fim ao último rescoldo onde ainda tem algo de peso a gestom pública e nós coma parvos aplaudimos e sentimo-nos fachendosos da “consciência nacional” (Paco Rodrigues dixit) que criam as caixas galegas. A CIG calculou em 2000€/cidadao as diversas linhas de ajuda do FROB para o capital bancário e os especuladores e na última linha aprovada polo FROB descobre-se a estratégia privatizadora do Banco de Espanha.

    Para tal efeito o Banco de Espanha conta com a bagatela de 100.000€ e o PP e o PSOE a nível estatal advogam pola concentraçom de capitais (que é a fussom, nada novo em lendo “O Imperialismo” de Lenine) violando o princípio da territorialidade e reduzindo todas as caixas do estado a umhas cinco – como aconteceu noutros países da Europa- para logo mediante um SIP passar a privatizá-las como manda o santo credo ultraliberal, em que infelizmente tamém se instalou parte, e boa parte, do BNG.

    E que é um SIP. Um SIP é um Sistema Institucional de Protecçom e o caminho mais doado e ligeiro para a privatizaçom. Por isso Gayoso apostava polo SIP com Caja Cantabria, porque o SIP converteria-o logo, sem que a lei o poda evitar, no presidente dessa entidade.

    Porque nom se solicitou a opiniom da militáncia do BNG nas assembleias comarcais? Porque nom se pugérom todas as posturas e dados por cima da mesa? Poque devemos 4 milhons de € para sufragar a queda do governo bipartido em virages centristas de ciência ficçom? Porque queremos colocar aos que ficárom sem postinho nos conselhos de administraçom das caixas galegas ou no que fique delas?

    Estám enganando a militáncia e o que é muito pior estám enganando a boa parte da populaçom galega que acha que se PP e BNG coincidem será porque isso é o melhor. E umha merda!

    ResponderExcluir

No faiado