Despois de ler o texto do acordo, e comprobar que non di nada, aconsello unha certa dose de prudencia.O abano de posibilidades é amplo.
Pódese tratar dun intento de aplacar por un días á ameaza de intervención do Banco de España, para mentres, seguir negociando á desesperada esta e outras opcións.
Pode ser un intento de colocar a pelota no tellado do Banco de España e que sexan eles, se finalmente non acceden a poñer os 2.000 millóns de euros do Fondo de Garantía de Depósitos, os culpables de que non haxa fusión. Nese caso, ademais, Núñez Feijóo quedaría exonerado de oporse as hipotéticas fusións SIP.
Pode ser unha simple posta en escena esixida por Núñez Feijóo, para así volver a meterse no partido, do que quedara totalmente á marxe nos últimos días.
Pode que realmente se acadase un acordo, pero nese caso á vista do documento e da comparecencia de Núñez Feijóo, pouco se pode comentar, pois non se coñecen os termos do mesmo.
Andando polos foros e por páxinas web varias, obsérvase un importante despliegue da militancia do BNG reivindicando a súa cota de protagonismo intentando así non desaparecer enteiramente da escena e manter, aínda que sexa de lonxe, o rebufo de Núñez Feijóo. Tal como vai a cousa non sei se será moi rendible atribuírse a paternidade putativa da operación.
A verdade, non sei se o papel asinado hoxe da para tanto...
Mmmmm!...
ResponderExcluirboicoz?...
http://profile.ak.fbcdn.net/object3/348/74/n53966271685_5597.jpg
Ollando o documento asinado é para sospeitar que a Xunta só está para sacar a foto e quedarse con todos os parabens do acordado (Véxase a firma e nome escrito a man por parte da responsable da Xunta e non mecanografiado coma os das caixas). O retraso de Feijoo para dar a nova no comenzo do Telexornal serán da TVG tamén indica que o único que lles interesa os do PP é facerse os paternalistas da posible solución.
ResponderExcluirParece que pouco máis lle queda que intentar patrimonializar o proceso, se é que se produce...
ResponderExcluirSaúde,