polo derrego dun leiro;
o pleito perder perdino,
pero amolar amoleino.
O consello de administración de Nova Galicia Banco (¿chámase definitivamente así?) comeza a actuar sen complexos.
En todo o cadro de dirección da nova entidade, dous únicos sobreviventes de Caixanova -e un deles de Ferrol, non sei se terá que ver-.Dicía o luns o presidente, Sr. Castellano, que se está negociando cos directivos de Caixanova -Pego, Gorriarán e Estrada- que cobraron as indemnizacións -García de Paredes seica que xa se fixo bo-, aínda recoñecendo que son legais, para que as devolvan. Hoxe a Fiscalía Anticorrupción abre dilixencias contra eles, parece que non só polo que cobraron, senón tamén acusados de falsear o valor contable de Novacaixagalicia (aqueles 1.784 M € que o Banco de España converteu en 181 M €). De Méndez nin se falou nin se fala.
Seguen xogando a deseñar marcas: Nova Galicia Banco para Galicia e NGB para o exterior. A este paso vai ser a empresa con máis gasto en logos e deseño gráfico. Seguen a fichar directivos foráneos a esgalla. Estaría ben que se fixesen públicas as súas condicións contractuais. Non vaia ser que as súas indemnizacións superen ás do escándalo.
Aínda que formalmente a sede operativa está en Vigo, de feito está xa en A Coruña.A última gran decisión dese consello de administración foi a de comprar a colección de arte de Caixanova, seica para incrementar a participación da caixa no novo banco, e de paso, levarse os cadros.
Mentres tanto, seguen sen saberse as razóns que xustifican que o Sr. Castellano ocupe a presidencia do novo banco que, de momento, é cen por cen público no que o FROB leva invertidos 2.463 M €, e que se saiba, o Sr. Castellano non é ningún dos administradores nomeado polo Banco de España. Dos hipotéticos inversores privados que ían entrar, só soubemos o luns que se clasifican en tres categorías: galegos, galego-mexicanos, e resto do mundo. Pero o certo é que de momento non aparecen nin euros, nin pesos mexicanos, nin dólares, nin yuans,...
Esta é a dramática realidade da que estaba chamada a ser unha grande entidade financeira galega, forte e solvente. E que si ninguén traballa en serio para convertela de verdade en banca pública, ten tódalas trazas de que acabará esmorecendo por si sola. De momento, o consello de administración serve para consumar esta vendetta norteña deseñada hai tempo na mesa camilla do lobby coruñés.
Cada pobo ten o que se merece...
Eu de economía máis alá da miña cústame entender. Por iso, pregunto, si todos os aforradores de Nova Galicia Banco se lles dese, repentinamente, por retirar os seus aforros... o Banco non tería liquedez suficiente (propia) para pagar a todos. non?
ResponderExcluir