terça-feira, 20 de outubro de 2009

Think tank e conselleiros kamikazes

É cada vez máis frecuente ler nos medios que o goberno de Feijóo é de perfil baixo consecuencia das negativas que recibiu por parte de varias persoas que eran a súa primeira opción. Non nego que iso fose así, nin nego tampouco que o resultado sexa un goberno mediocre. Sen embargo, cada vez paréceme máis evidente que Feijóo e o PPdG están encantados con esta situación.

En primeiro lugar, porque toda a atención mediática da acción de goberno acapáraa o presidente. Hai moitos conselleiros perfectamente invisibles.

Segundo e máis importante, porque as políticas, é obvio, non se deciden nos consellos da Xunta. Os que deseñan a política son xentes moito máis próxima se as que o presidente ten en máis consideración –un think tank, como se adoita dicir agora- con moita máis visión política, onde se decide, única e exclusivamente con criterios de rendibilidade electoral ou demoscópica, cales deben ser as accións de goberno –decreto do galego, libros de texto, audis, concurso eólico,... Os conselleiros non son máis que meros executores, a maioría deles hooligans do PP, sen ningunha análise crítica, sen ningún tipo de prexuizo e sabendo que se como brazo armado do think tank acaban queimados, que é máis que probable en algún caso, o partido saberá recompensar axeitadamente os servizos prestados.

Este é o novo modelo PP de facer política que Feijóo está rabiando por implantar en Madrid, se coa axuda de Gürtel, se presenta a oportunidade.

Nenhum comentário:

Postar um comentário

No faiado