Confortablemente instalados na Unión Europea, ata hai pouco tempo con veleidades de superar a Italia e mesmo a Francia en riqueza per cápita, parecería que a nosa posición económica era xa inamovible.
As medidas económicas adoitadas polo goberno ZP semellan estar baseadas na mesma crenza. Un país con problemas conxunturais, pero coa suficiente capacidade como para capear o temporal con políticas sociais –ao tempo que populistas i electoralistas- que resgarden ás capas sociais máis desfavorecidas, pensando nunha pronta recuperación do pulso económico.
O problema é que este país, estoupada a burbulla inmobiliaria e coas cifras de turismo en claro retroceso, non ten condicións obxectivas para recuperar ese pulso. A nosa capacidade competitiva non se corresponde co nivel de riqueza acadado nos últimos quince anos. De aí que as últimas previsións do FMI anuncien que España será, dos países desenvolvidos, o último en saír da recesión.
É por isto que nun país como Alemaña, ten sentido un esforzo conxuntural en políticas sociais, pois a curto prazo, a pouco que se recuperen os mercados internacionais, a primeira potencia exportadora do mundo, si recuperará o nivel de actividade e de emprego. En España, polo contrario, sen un horizonte claro de recuperación, este tipo de medidas incrementan o déficit público hipotecan o futuro a longo prazo. Ademais, absorben recursos moi necesarios para contribuír a sentar as bases dun modelo produtivo competitivo a medio prazo.
Non hai nada que garanta no futuro o nivel de riqueza que temos hoxe. Non estaría demais que repasáramos a historia do populismo peronista e o seus efectos na desastre económico arxentino.
enton ti q propos?
ResponderExcluirUn pouco xenérica a pregunta, nonsi? As políticas sociais, por si sólas, se non van acompañadas de medidas reactivadoras, conducen, como estamos vendo estes días, a máis déficit e máis débeda. E isto non é un saco sen fondo...
ResponderExcluirSaúde,