segunda-feira, 25 de janeiro de 2010

Secreto a voces

Hai tres días anunciouse con solemnidade que a obriga de confidencialidade impedía ao goberno facer pública a auditoría due diligence, e incluso que se vían imposibilitados de facilitarlla ás propias caixas, xa que estas rexeitaron pagar parte dos custos e polo tanto non son clientes de KPMG –semella máis ben que son só meros pacientes terminais-; por suposto ao BNG tampouco, pero aínda así Guillerme di que pa diante.

O único documento dispoñible era, pois, o power point da conselleira de facenda, ao que facíamos referencia no anterior post Acto de fe.

Hoxe soubemos que Xosé Luís Barreiro pasouse o “finde leyendo la audi”. Cabe preguntarse, entón, se a auditoría só a ten KPMG e o goberno, por qué vías a conseguiu Xosé Luís.

Ou será que aínda está coa versión que en teoría non tiña pero que hai un mes publicou o xornal no que escribe?.

Enigmático país...

6 comentários:

  1. jajajajjja....enigmático sí. La Voz que todo lo ve y todo lo escucha...

    ResponderExcluir
  2. Supongo que el presi no quiere pasar a la historia como el q terminó con las cajas gallegas. El dinero crea rapiña y los politicos desconfianza.
    Saludos

    ResponderExcluir
  3. Millán, ademáis de velo e escoitalo todo, redacta epístolas e decide o que bo para este país. Qué sería de nos sen a voz...

    ResponderExcluir
  4. Alondra, el presi está muy atento a las cuotas de popularidad que le miden las encuestas. Es la nueva política.
    Salud,

    ResponderExcluir
  5. 天室,a片,A漫,h漫,麗的色遊戲,同志色教館,AV女優,SEX,咆哮小老鼠,85cc免費影片,正妹牆,ut聊天室,豆豆聊天室,聊天室,情色小說,aio,成人,微風成人,做愛,成人貼圖,18成人,嘟嘟成人網,aio交友愛情館,情色文學,色情小說,色情網站,情色,A片下載,嘟嘟情人色網,成人影片,成人圖片,成人文章,成人小說,成人漫畫,視訊聊天室,性愛,性感影片,正妹,聊天室,情色論壇

    ResponderExcluir

No faiado