Gráfico 1. Principais países produtores de automóbiles
A industria del automóbil foi clave no proceso de industrialización de España e constitúe actualmente un dos piares básicos de súa economía.
O sector do automóbil tivo o seu despegue nos anos sesenta e setenta do século XX, coa chegada de multinacionais europeas e norteamericanas atraídas por uns custos laborais baixos e orientadas á exportación aos mercados europeos.
Baixo esas premisas o sector desenvolveuse de maneira espectacular. Con 11 empresas instaladas e 18 fábricas, hoxe o sector de automoción é estratéxico para a economía española, en termos de peso sobre o PIB (significa un 6%), de emprego (70.000 traballadores en fabricación de automóbiles máis 245.000 empregados na industria de compoñentes, aos que habería que sumar indirectos, concesionarios e talleres), de tecido industrial asociado e xerador de innovación do país, e de contribución á balanza comercial (máis do 83% da produción destínase aos mercados foráneos o que representa máis do 20% das exportacións españolas totais).
Sen embargo, no último ano o sector veuse moi afectado pola crise económica mundial cunha caída da produción española en 2009 en máis do 20% a respecto do volume de 2008 (gráfico 2).
Gráfico 2. Evolución da produción de automóbiles en España
A industria do automóbil é exemplo paradigmático de cómo nos últimos vinte anos non soubemos transformar as nosas avantaxes competitivivas iniciais, baseadas na man de obra barata e nos recursos naturais (típicas de países en vías de desenvolvemento) á nova realidade económica e social derivada da nosa integración en Europa.
Así, sen ningunha empresa nacional, sen unha capacidade en I+D+i comparable ás dos países con empresas matriz (estas tenderon a localizar os seus esforzos en investigación e desenvolvemento nos seus países de orixe), sen ningunha avantaxe en custos salariais a respecto dos países emerxentes -tanto europeos, como sudamericanos ou asiáticos-, o panorama que se debuxa para os vindeiros anos é moi negro.
Un sector cun enorme peso no conxunto da economía española pero que é mero ensamblador é inviable nun país desenvolvido como é a España de hoxe.
Primeiro, porque aportamos moi pouco en innovación e desenvolvemento.
Segundo, porque diante da situación de recesión mundial que vive o sector, as empresas tomarán decisións en dúas direccións: tratar de preservar durante o maior tempo posible a produción no seu país de orixe e localizar as plantas ensambladoras como as que teñen en España en países con menores custos salariais.
Terceiro, pola propia especialización das plantas españolas en vehículos de gama baixa (baixos custos) que son os de menor valor engadido, os máis sensibles, pois, aos custos salariais, e, sobre todo, os chamados a sufrir a curto prazo a crecente competencia das marcas propias dos países emerxentes (China e India, sobre todo). A situación pode ser dramática cando os chinos -e os indúes- unha vez abastecidos os seus mercados internos, aposten decididamente pola exportación.
Fronte a este panorama xeral, o destinar diñeiro público tanto a incentivar a compra de automóbiles -plans renove- como, sobre todo, a inxectar diñeiro directamente nas plantas de produción, cedendo ás continuas chantaxes dos fabricantes, non é ningunha solución. Alivia a situación, en termos de emprego, durante uns cuantos meses, pero non modifica ningún dos déficits estruturais que, comentabamos antes, arrastra a industria española.
Outro día falaremos da situación específica de Galicia e PSA.
E tanto. En Alemania cheguse a comprar un coche novo cada 3 anos.Como si iso fose necesario.
ResponderExcluirExcelente artigo.
ResponderExcluirMando a nova a Menéame e a Chuza
http://www.meneame.net/story/fabricacion-automoviles-otra-burbuja-punto-explotar
http://chuza.org/historia/fabricacion-de-automobiles-outra-burbulla-a-punto-de-estoupar/
noraboa
ResponderExcluiras decisións no sector estanse a tomar fora de españa. Xa non é suficiente gañar cartos. Isas fábricas non xustifican os recursos que consumen. Hai casos como o de seat (una empresa moderna e competitiva) pero capada por VW. As pezas as fabrican en alemaña e os coches véndense en españa. Imposible ser rendible así. Custes alemáns prezos españois?
ResponderExcluirAutomovil se escribe con "V", idiota!
ResponderExcluirAquí o único idiota que hai, és ti; automóbil escríbese con "b" (http://www.edu.xunta.es/diccionarios/BuscaTermo.jsp)
ResponderExcluire de paso que te ilustras un pouquiño, a ver si tés un chisco máis de educación, ou será que és español no senso pexorativo do termo...
Qué pasou aquí Andrés?. Tantos lectores hoxe como en toda a historia de a furada do trasno!. Quedas nomeado director comercial!. Moito obrigado pola difusión.
ResponderExcluirSaúde,
Hai un evidente problema de sobreoferta, sobre todo se a crise reduce a demanda. Aquí non pretendiamos analizar os problemas do sector a nivel global, senón os específicos da industria española.
ResponderExcluirObrigado Meiga. Saúde,
Concordo Nemigo. Era un dos problemas que apuntaba: ao non ter empresas propias os centros de decisión non están en España nin actúan en clave dos intereses españois. Obrigado.
ResponderExcluirObrigado anónimo 1.
ResponderExcluirAnónimo 2, ti debes ser de Volvo ou de Volkswagen?, polo da "V", digo.
Anónimo 3, moito obrigado pola defensa!, pero ese nin coa referencia que lle pós. Hai casos perdidos, que lle imos facer...
Qué novedad!!!
ResponderExcluirhttp://www.lavozdegalicia.es/vigo/2009/01/11/0003_7453268.htm
http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2009/11/01/0003_8076229.htm
http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2009/04/22/0003_7668571.htm