segunda-feira, 1 de fevereiro de 2010

Un tremendo error (rizando o rizo)

Ao que parece a intelectualidade profusión anda preocupada co futuro político de Vázquez (Pachi). Analiza  hoxe Antón Baamonde en El País o previsible recurso do goberno central á Lei de Caixas en clave de política galega, prognosticando un máis que previsible perxuizo en termos electorais para o PSdG. Como se o goberno Zp, o Banco de España, a CECA, Quintás, MAFO, Blanco, Salgado, PP Madrid, Rajoy, Blesa, Rato, Esperanza e tutti quanti non tiveran expresado dende hai tempo cal é a súa folla de ruta neste asunto, que non depende, dende logo, dos resultados electorais nas próximas autonómicas galegas.

Quéixase ademais, con certo amargor, de que "después de meses en los que el rigor del debate ha sido mínimo y ha estado condicionado hasta niveles insoportables por intereses espurios... La demagogia y la desinformación se han multiplicado sólo para oponerse a una fusión..."

Se non fose xa demasiado cansado e aburrido, deberíamos remontarnos ao inicio deste truculento debate e lembrar quén, cómo e de qué maneira o converteu, como temos dito aquí reiteradas veces, nun Celta-Deportivo digno das mellores épocas do futbol patrio. Os medios de comunicación, e os seus columnistas, teñen bastante que ver.

Entrando ao cerne do asunto, laiase de que ninguén formulou vías alternativas á fusión e que, de non consumarse esta, non hai máis futuro que quedarnos sen caixas. Conviría lembrarlle, primeiro, que a única entidade que ven facendo públicos datos -seguramente discutibles, pero que ninguén se toma a molestia de rebater- que pretenden demostrar a súa viabilidade é Caixanova. Segundo, parece desprenderse desa argumentación que a auditoría secreta -é sintomático que ninguén, co gusto que temos pola transparencia, se queixase dese secretismo e que ninguén, a pesar da nosa conxénita retranca, teña feito unha mínima referencia ao pasado recente do mundo das auditoras-, só coñecida pola vía interposta do power point da conselleira de facenda, chega a esa conclusión. O certo é que a auditoría non di máis que a fusión sería viable, pero non analiza -non llo encargaron- ningún outro escenario alternativo.

Finalmente, trata de cargar no debe do goberno Zp que corremos o risco de converter a Núñez Feijóo en adalid da galeguidade. Que a día de hoxe -antes do hipotético recurso- estea en condicións de gañar esa posición -patinazos ourensáns á marxe-, debémosllo, sobre todo, á torpeza da oposición, tanto política como mediática.

Seguimos na melée...

Um comentário:

  1. Touché! Laiarse do que fam os demáis e fazer o mesmo, jornalismo de altura. País...

    ResponderExcluir

No faiado