segunda-feira, 29 de março de 2010

Fumata branca?

Acábase de anunciar un principio de acordo entre Caixanova, Caixa Galicia e a Xunta de Galicia para explorar a posibilidade de avanzar cara á fusión.

Falta que o Banco de España acceda a financiar a operación. Cos números de Caixanova precísanse un mínimo de 3.000 millóns de euros, ao redor de 2.000 do Fondo de Garantía de Depósitos, e o resto do FROB.

Aínda que falta por coñecer cómo se concretará a fusión, en canto a sedes e peche de oficinas, parece que a posición dominante de Caixanova reflictirase en que será a dirección de Caixanova a que, maioritariamente comande a nova Caixa do Atlántico (?).

Falta tamén ver cómo se traducen na previsible reforma da nova lei de caixas, as cautelas que a bo seguro esixirá a dirección de Caixanova para non verse desaloxados, a curto prazo, do poder na nova entidade.

Está por ver se por fin se fará pública a situación económico-financeira de cada unha das dúas entidades e si se esixirán responsabilidades.

Comezará tamén, se finalmente se materializa a fusión, a loita política por atribuírse a súa paternidade, mesmo naqueles casos en que o que se viña defendendo era manifestamente oposto ao previsible resultado final.

En calquera caso, que sexa para ben.

2 comentários:

  1. parabéns pola información. Surpresivamente parece que a posición gañar-gañar do frijolete, parece perdida, a ver como sai dista , amoral e senvergoña é, algo fará.
    Isto das fusiós é mui dificil, lembra a vitoria dos argentarios sobre os bbuvés. pode suceder algo asi. Mas a grande parte da cúpula de caixanova é do entorno pp, ou sexa, no fundo muda pouco a cousa.
    Os comentarios so refliten a nível popular o dexenerado espetaculo que nosas élites están a dar, unha magoa.
    Ollo co frob , som obrigacións convertibeis, nunhas condicións de muita arbitraridade en favor de mafo. Coas taxa de juro, que poden chegar aos dous díxitos, e a capacidade do bde de fazer-se co controlo da caixa sen necesidade de intervención. Ise é un tema importante, quanto de axuda via frob e quanto de axuda via fgd. Xa ves que comentei varios fios, saudos duar

    ResponderExcluir
  2. En canto ao do FROB concordo plenamente. Parece que Gayoso tamén, por iso quere maioritariamente do fgd, pero iso vai ser difícil.
    Saúde e grazas por seguirte pasando por aquí.

    ResponderExcluir

No faiado