Levamos anos escoitando aos teóricos predicar que os males do noso modelo económico derivan, en gran medida, da nosa incapacidade para innovar.
Máis unha vez demóstrase que tan lonxe está, a cotío, a teoría da realidade.
Hoxe soubemos que dende Tui, fomos quen de desenvolver, en colaboración con destacados parceiros portugueses –innovación en rede, como debe ser-, todo un sistema de fraude á Unión Europea, a través de solicitar a devolución do IVA por transaccións comerciais intracomunitarias que nunca existiron. Un fraude de 15 millóns de euros nesta primeira fase.
A medida que se perfeccione o sistema, se lográsemos captar a socios alemáns, para aproveitar a súa meirande credibilidade e disuadir así aos inspectores fiscais de investigar o noso virtual intercambio comercial coas serias e intachables empresas teutonas, o sistema xerará uns rendimentos moito máis importantes e, sobre todo, máis sólidos. Pódese aproveitar neste sentido, a experiencia doutras parcerías que se teñen desenvolvido no pasado, se ben no ámbito do tráfico fraudulento de vehículos de gran luxo.
Mentres os teóricos insisten na conveniencia de potenciar o noso sector industrial para sentar as bases dun modelo produtivo máis sólido e máis competitivo, as nosas empresas, sempre en colaboración cos nosos socios portugueses, evolucionan cara a un novo espazo competitivo: a enxeñería fiscal, que presenta enormes avantaxes en termos de flexibilidade e rapidez de materialización de beneficios.
No canto de ter que realizar grandes investimentos, de recuperación sempre incerta, en activos fixos -naves industriais, maquinaria e equipos-, e un esforzo considerable e sostible en I+D+i e en formación para xerar coñecemento cada vez máis necesario para poder competir no proceloso mundo dos produtos industriais. En vez de comprometerse contratando a un inxente número de traballadores, o que tal como está a lexislación laboral, sempre supón un risco. Neste novo campo da enxeñería fiscal, só se precisa contar con socios de confianza no país irmán. Todo se pode resolver na sobremesa da cea nun bo restaurante, para estreitar lazos de maneira alterna a un e outro lado da raia. Un negocio cómodo, limpo e flexible. Nada de riscos, nin investimentos, nin traballadores.
Quén dixo que nunha eurorrexión periférica como a nosa non tiñamos capacidade de innovación?.
Que vaian aprendendo os xenuínos e innovadores europeos do centro.
Olé por iles hehe, sons uns craques,he,he. Coido que é auténtica innovación e con colaboraçâo internacional.Mas non os culpo, pois con ista estrutura impositiva, o belen-estebismo, un partido(disque liberal) o pp corroido pola corrución ate as cachas (e tan felizes), por non falar dos outros ,governos que lles trae o pairo umha xustiza minimamente formal e absolutamente despilfarradores(tanto me ten o frijol ou o zp)e muit mais que queres.
ResponderExcluirO racional é o feito por iles. E iso que falamos de potencias tecnolóxicas o 33(portugal) e 34 españa do mundo.
http://www.weforum.org/en/initiatives/gcp/Global%20Information%20Technology%20Report/index.htm
O das potencias tecnolóxicas teñoo pendente para escribir algo.
ResponderExcluirVéxote un tanto pesimista Duar.
Saúde,