terça-feira, 27 de abril de 2010

Un honoris causa para Amancio Ortega

Sorprende o desapego que a empresa autóctona máis importante e máis internacional que temos en Galicia a respecto de todo o que ten que ver co país. E sorprende, na mesma medida, o desapego que o país ten a respecto da empresa autóctona máis importante e máis internacional que ten.

Ikea, cunha traxectoria en tantas cousas semellante a Zara (Inditex), fai bandeira do seu país e exhibe, con orgullo, as súas raíces suecas por todo o mundo. Pola contra, Zara semella máis ben unha empresa apátrida, sen a mínima referencia, nunca ás súas orixes.

Certo que Ikea, ao fin e ao cabo vende madeira e Suecia e un país de tradición forestal e boas madeiras. Quizás neso non haxa paralelismo co caso que nos ocupa. Pero máis alá diso, Ikea e Suecia xeneran sinerxías virtuosas.

Teño visto, por exemplo, nas tendas de Ikea produtos delicatessen suecos, ou publicidade turística dese país nórdico. Pensen, por un momento, que escaparate, as tendas Zara en todo o mundo, para as nosas mellores conservas de peixe. Ou que publicidade para as nosas praias e outras riquezas paisaxísticas.

Á súa vez, o goberno sueco presume de ter unha empresa como Ikea. Aquí, faise referencia a Zara ou a Inditex unicamente nas estatísticas de exportacións... e pouco máis.

Precisamos, como país, recuperar a Zara como bandeira da nosa capacidade empresarial e do que os galegos somos quen de facer.

Propoño, pois, como primeiro paso, que tome a iniciativa quen corresponda e, conforme a ese modelo de Galicia única que propugna o presidente Núñez Feijóo, se promova o nomeamento de Amancio Ortega doutor honoris causa pola universidade galega.

Si, dixen ben, universidade galega: unha universidade, tres pistas... ou sete pistas. Non sei moi ben cantas pistas lle corresponderán, porque así como nos aeroportos está claro: un aeroporto, tres pistas; e nas caixas de aforros tamén: unha caixa, dúas pistas; quizás nas universidades poderíamos aproveitar para darlle algunha pista a Lugo e a Ourense... probiños.

9 comentários:

  1. Estimado trasno...
    Sabemos que xa houbo pola Coruña quen chamou a isa alta torre pedindo auxilio, e ao parecer non houbo resposta...

    http://www.xornal.com/opinions/2010/04/22/Opinion/feijoo-cede-tiende-mano-gayoso/2010042222453400584.html

    E dende a dereita:

    http://www.noticiasgalicia.com/confi/confi170.html
    (mire o do 6 de abril)

    ResponderExcluir
  2. Por certo que a Universidade Galega xa vai polas oito ou nove pistas...
    Santiago: Campus Norte, Campus Sur...
    A Coruña: Cidade Escolar, Zapateira...

    ResponderExcluir
  3. Boas Trasno:
    Inditex, ou Zara como lle chamamos todos, non usa textil galego, exterioriza producción fora de Galicia, a lo menos tributa aqui ainda que veremos por canto tempo.
    O exemplo de Ikea, ti mesmo describes a ligazón entre empresa e país: a madeira. Ademáis diso, están os deseños,suecos sempreate os nomes dos parafusos. Usar Suecia é usar un nome que xera confianza e durabilidade. Por exemplo, que te suxire Volvo ou Saab? coches con diseño peculiar, fiables e moi seguros. As sinerxias que se xeneran son creadas por máis empresas como ben podes ver.
    Cando Inditex ou Zara só aproveitan de Galiza as infraestructuras (unha autovía que acaba no polígono industrial onde está Inditex é bo exemplo) a man de obra sensiblemente máis barata que noutras partes da Península e que non vende deseño orixinal, senón deseños "parecidos" dunha calidade baixa, non sei ata qué punto nos interesa asociar a súa imaxe á de Galicia.
    Non me gustaría ligar tan só o grande éxito empresarial de Amancio Ortega (é indudable) a Galcia. ¿Cal sería a nosa imaxe? imitadores, producto de calidade dubidosa, pero eso sí, de bo precio.
    Se esa hipotética Universidade Galega de tantas pistas lle concedesen un Honoris Causa, eu diría o que dixo un catedrático cando lle concederon un Honoris Causa a Mario Conde: honoris causa cum fraude
    Saudos Trasgo
    PD: sigo desexando pedir asilo político ós mouros: case 5 millóns de parados. Terá vostede un agocho para min na sua furada?

    ResponderExcluir
  4. Unha enquisa referida por un dos máximos expertos estatais en materia de marketing dicía que o 70% dos compradores non ibéricos de Zara considerábana unha marca italiana.

    Inditex sábeo e déixase estar porque con certeza pensa que o seu prestixio e a calidade percibida dos seus produtos está en xogo.

    ResponderExcluir
  5. Amigo Maceiras:
    Inditex deixa algo mais que a tributación...
    Parte da producción sigue sin estar deslocalizada, (hai moitos pequenos talleres textís no rural subcontratando para ela, iso si, con moitas mulleres traballando nun réxime de explotación, pero é iso, ou nada)...
    Tamén na zona da Coruña existe un grande número de empresas das que Inditex é o seu principal ou único cliente, e exportan a todo o mundo cousas como equipamentos comerciais, carpinterías, instalacións de climatización ou seguridade, etc..., feitas ou deseñadas en empresas da zona coruñesa e montadas en Dubai, Xapón, etc..., (o montaxe en moitas ocasións o realizan tamén traballadores galegos)...
    E por último, é moi importante que a dirección (Headquarters) da empresa esté na Galiza, os postos de traballo de alta cualificación directiva son fundamentais, por iso, polo movemento de negocio que xera e pola residencia no área coruñesa duns directivos de moi alto poder adquisitivo...

    ResponderExcluir
  6. Sobre o que ben apunta a Comisión Promotora de Caixa Nacional de Galiza, é certo que Inditex conta con moitas empresas galegas como proveedoras de servicios (carpintería, seguridade...) de feito, eu mesmo traballei para unha desas empresas durante dous anos.
    Nota importante: a negociación de Inditex. Desde que entraron nela a anterior cúpula de Altadis, é Inditex a que impón uns precios que non son os de mercados facendo prácticamente inviable para estas empresas a prestación de servicios. Certa empresa de seguridade chegou a ponerlle ben claro que non podía responsabilizarse da súa función a eses prezos. Sobre a carpintería, está a contratala en China onde utilizan productos químicos prohibidos na UE pola sua perigosidade.
    Sobre os traballos nos talleres de costura en Galiza, querido amigo, ti mesmo expós a grande pega: as condicións laborais.
    Paréceme esaxerado o trato que ten Inditex. Cando non tiña cartos chamábanme Pepe e agora que os teño chámanme Don José.
    O comparar Ikea con Inditex como bandeiras de economías coido que é demasiado atrevido desde o momento en que os suecos ademáis de ser una empresa cuns resultados envexables, teñen unha idea de empresa social mentres que Inditex é absolutamente resultadista (e non vivamos enganados, ó final o beneficio é o que conta)

    ResponderExcluir
  7. esquecíame, porque un xa ten moitas cousas no caletre.
    Sobre os postos de traballo indirectos xerados por Inditex: gustaríame saber cántos caeron polo cambio de política de prezos. A pesares de non ter datos, como coñezo un pouco ese ámbito podería facer unha enquisa cuns resultados sorprendentes. Traballar con prezos á baixa supón reducción de beneficios, o que supón....o final da ecuación coñecémola todos

    ResponderExcluir
  8. Vaia por díante que cada un é totalmente libre de facer cos seus cartos o que lle pete, dende queima-los a mete-los nun furado, e non hai nada que lle esixir ou reprochar por elo. Máis Amancio Ortega é, sen dúbida, unha desas escasisimas forzas en Galicia, das que falabamos o outro día, capaces de apoiar a creación dunha empresa e a economía dun pais. Se darlle un Honoris Causas, adicarlle unha rúa, ou porlle unha estatua axuda a implica-lo máis nesa labor, eu apuntome, ainda que veña de una, dúas ou quince Universidades.

    ResponderExcluir
  9. Un blog vai ben cando o interese dos comentarios supera ao das entradas. Aquí estádelo conseguindo. É moi boa noticia, máis nestes días que teño esto un pouco abandonado.
    En canto á discusión sobre Zara, aínda entendendo algunha das razóns que expón Abel, o certo é que hoxe en día, empresas como esta, que foi quen de cambiar os criterios competitivos do seu sector e que chegou a ser líder mundial, son determinantes para a capacidade económica dun pequeno país. Ogallá tiveramos media ducia de Zaras noutros tantos sectores. Como ben di Comisión Promotora, aínda que fabrique e venda moito fóra, é moi importante que os empregos de alta cualificación e, sobre todo, a capacidade de decisión, estea en Galicia.
    En canto ao que di Ansible, evidentemente conseguir que Amancio Ortega se implicase sería como que nos tocase a lotería. Pero penso, como tamén apunta vostede, que non se lle pode pedir tal cousa. A miña reflexión ía só cara a conseguir xerar sinerxías que, en principio, semellan bastante doadas de conseguir. Pero claro, como diciamos no artigo, é preciso conseguir antes que Zara se autoidentifique con Galicia. Por iso a idea do honoris causa.
    Saúde a todos,

    ResponderExcluir

No faiado