Os amigos blogueiros de Renovar o BNG, de Jeu de Paume e de Menos mal que nos queda Portugal, cítannos dentro das súas respectivas listas de blogs galegos máis interesantes. Ademais de agradecer a deferencia -seguramente inmerecida-, participamos na iniciativa dando cumprimento ás normas establecidas, que se resumen en dúas: 1. Os blogs elixidos teñen que incrustar a imaxe do selo e un enlace ó blog que outorgou o premio. 2. Seleccionar e enlazar dez blogs máis que segundo o voso criterio valen a pena.
Resulta difícil a escolla de so dez, porque iso significa que quedan moitos fóra que tamén serían merecentes de aparecer aquí. Así pois, non están tódolos que son, pero son tódolos que están (a orde é alfabética, simplemente):
1. Brétemas
2. Café na trincheira
3. Chousa da Alcandra
4. De paso
5. Galizauberalles
6. Jeu de Paume
7. Nos queda Portugal
8. O blog de Antón Losada
9. O blog do Carlos callón
10. Renovar o BNG
Poño de menos no seu listado tres blogs que para min son fundamentais...
ResponderExcluirCalidonia...
Cousas de Imeneo...
Si home si...
Coido que é tamén importante, ainda que non gosto da súa liña
Moendo do revés...
E por suposto, as columnas de José Luis Gómez, de Xavier Vence e de Rafa Cuiña no Xornal.com
Grazas por mencionarme. Un saúdo.
ResponderExcluirmoitas grazas!!!;)
ResponderExcluirClaro que si, Costadamorte. Quedan moitos fóra, pero un pouco a lóxica disto é a mesma que a da Eurovisión dos mellores tempos...
ResponderExcluirSaúde,