sábado, 8 de maio de 2010

Unha universidade para qué?

A necesidade de xerar avantaxes competitivas baseadas no coñecemento está asumida xa en todos os discursos, tanto políticos, como económicos. Todos entendemos que un país desenvolvido, como o noso, ou compite en formación, en investigación, en innovación, ou non ten ningunha posibilidade de manterse dentro do club de países ricos.

Tal como está deseñado o sistema de I+D+i e o modelo educativo de formación superior en España e en Galicia, a universidade pública é un instrumento clave, tanto na vertente da formación como na vertente da xeración de coñecemento.

Hai días que veñen aparecendo na prensa noticias sobre as vindeiras eleccións a reitor da Universidade de Vigo. Preséntanse dúas candidaturas. Ata onde eu puiden ler, debo confesar que había moito tempo que non vía nunha confrontación electoral dous modelos tan radicalmente contrapostos.

Un candidato, Salustiano Mato, do mesmo grupo do actual reitor, aposta por unha universidade ambiciosa, competitiva, internacionalizada, e que xogue un papel clave de dinamizador económico e social a través da transferencia de coñecemento. A universidade como panca fundamental para o desenvolvemento do país.

O outro candidato, Jaime Cabeza, fai unha proposta centrada na austeridade e na mellora das condicións de traballo do persoal da propia universidade. Unha universidade funcionarial, mirando cara a dentro, onde o máximo obxectivo é o benestar e a placidez dos privilexiados que teñen a sorte de traballar nela. Quizás esta mensaxe teña eco nunha parte dos votantes, pero dende logo, nunha situación como a actual, unha universidade enfocada cara a estes obxectivos sería un enorme despilfarro que o país non se debería permitir.

4 comentários:

  1. Mato foi director xeral de I+D+i da Xunta co Bipartito, polo que supoño que saberá o que fala, cando saca o tema da vertebración de coñecemento e da I+D+I, xa que durante o seu cargo acadou traer o supercomputador "Finis Terrae" a Galicia, sen axudas do estado central, así como a potenciación da investigación.

    ResponderExcluir
  2. A xente do blog "Renovar o BNG" escolleuvos como un dos mellores blogs de Galiza: http://renovarobng.blogaliza.org/2010/05/09/5489/

    Parabéns polo bo traballo feito e saúdos.

    ResponderExcluir
  3. Salustiano Mato: Nada de nada.O vento. Un tipo frívolo,infantil, pagado de si mesmo. Un bluf

    ResponderExcluir
  4. Anónimo anterior, entendo que o blogueiro facía referencia ó contraste dos dous modelos que se propoñen e non tanto ó ego dos candidatos

    ResponderExcluir

No faiado