domingo, 2 de maio de 2010

Un país bananero, donde bananas no hay...

Alguén se pode crer que a decisión máis importante do país dependa das apetencias ou do egocentrismo dun ancián de 78 anos?. Alguén se pode crer que si Caixa Galicia fose unha empresa seria e solvente, soportaría todo este circo?.

Alguén se pode crer que un goberno serio pode facer tantos zig zag como o de Núñez Feijóo?. Primeiro unha lei de caixas para solucionalo pola vía rápida. Despois enfrontarse ao Banco de España e ao goberno de Madrid. Despois envainala e pedirlle árnica ao mesmo Banco de España. O PSdG -José Blanco, incluído-, primeiro si, logo non, agora quizás si... O BNG, dende o principio, máis despistado que un polbo -con b- nun garaxe.

O papel do Banco de España, alguén pode explicalo?. Primeiro non ás fusións intrarrexionais, logo forzando a negociación...

La Voz de Galicia, traballando sempre en defensa dun estrafalario nacionalismo de cantón. Primeiro, promovendo unha mal disimulada fusión que pretendía un paripé para que ese invento que tiñan feito os do sur, e que non tiña moi mala pinta, acabara baixo o control da capital financeira do país, e dicir, en mans dos meus amigos. Logo, cando semellaba que as cousas pintaban moi mal para o norte, buscando un empate a ceros. Agora, que non se sabe moi ben por qué, ven máis posibilidades de gañar, outra vez atacando á desesperada. O Faro de Vigo publicando encíclicas cada vez máis subrealistas...

No entanto, a xente de boa fe, dun e doutro lado, facéndolle a ola aos que non buscan outra cousa que sacar tallada. Uns seica defendendo o país, outros seica defendendo a cidade...

Non seremos quen de coñecer dunha vez, as xentes do común, de qué se está a falar?

Mellor un país sen caixas que unha caixa sen país... Ou non?

Que alguén lle poña fin xa a esta truculenta historia, por favor.

6 comentários:

  1. Imos ver...
    Se a explicación mais sinxela do problema a día de hoxe é que un vello testán empéñese en mandar el sobre as caixas fusionadas e sobre a vontade política do goberno e o parlamento galegos...
    Pois o lóxico é presupor que isa é a explicación mais probable...
    Certo é que existen outras posibilidades, como por exemplo que todo sexa producto dunha conspiración de alieníxenas, os cales conseguiron manipular a vontade de Goberno, Parlamento e forzas sociais para crear conflictos económicos e así conseguir abducirnos mais facilmente para experimentar con nos...
    Ista segunda explicación do que acontece, sendo teoricamente posible, coincidiremos en que é altamente improbable...
    Ista formulación é a célebre "Navalla de Occam"...
    http://gl.wikipedia.org/wiki/Navalla_de_Occam
    e, francamente, para nos, se ten pinta de gato, sons de gato, andares de gato, o mais probable é que sexa un gato e non un rato...
    Así que insistimos, non vemos a razón da súa defensa numantina da persoaxe...
    Que hai mais problemas?, seguro que si...
    Pero pense o ben que faría a persoaxe dimitindo e saíndo de escena para así non tapar eses outros posibles problemas...
    Que xa vai tendo edade de ir a residencia a xogar a petanca...

    ResponderExcluir
  2. Ante o comentario da "Comisión Promotora..." non podo estar máis en desacordo. Sobre todo, porque ou eu entendo mal o ler, ou dende aquí endexamais fixose unha "defensa numantina" do Sr. Gayoso. Persoalmente pouco podo aportar do persoaxe, que non coñezo, e polo que non teño aprezo ningún. Pero é ben certo que neste asunto mantivo escrupulosamente as formas ante ataques persoais moi graves. O demais son conxeturas e filtracións, sempre interesadas.

    É un argumento moi pouco válido (se non falaz) atribuir a verdade a explicación máis sinxela. Primeiro porque non me parece a min a explicación máis sinxela, e moito menos se a contrapoñemos a "unha conspiración alieníxena". Porque outra explicación tamén igualmente plausible e tamén sinxela, é que un grupo mediático decidiu apartar un obstáculo ós seus intereses (eles sabrán) con todolos medios o seu alcance. Sobre todo se non é a primeira vez que o fan (so hai que lembrar ben os titulares das eleccións de hai un ano).

    Non digo que no caso de que Gayoso persiga uns intereses persoais tan espúreos non haxa que pedirlle explicacións (xa finxen un comentario nese senso con anterioridade). Pero salta a vista que o que fai "La Voz de Galicia" é un ataque sen cuartel ó home apoiándose en informacións que ninguen máis ten e que non son demostrables. Unhas preguntas para a reflexión sobre o tema: ¿En verdade cree vostede que no consello de Caixanova non hai ningúen o suficientemente intelixente e independente como para denunciar as actitudes do seu presidente se fosen coma se anuncian? ¿Imos creer que os xustos, os xenerosos, os integros, están so nun lado da mesa? A min pareceme, alomenos dubidoso.

    Menos cando o xornal en cuestión primeiro denunciaba os que tiraban pedras contra a solvencia de Caixagalicia por poñer en desbandada os impositores e agora cuestiona a eficacia e os numeros de Caixanova na súa portada. Esa falta de coherencia é a que debería pornos sobre aviso dos auténticos intereses do grupo mediático da Voz.

    Unha pregunta, se nengún tipo de ironía, o Trasno: ¿porque son "surealistas" e "enciclicas" as editoriais do Faro? Persoalmente atopei argumentos razoables, ainda que non estou dacordo con todos. E é moi de agradecer que non caeron nunca no forofismo Celta-Depor que tan "a huevo" estaballe por o diario do norte.

    Perdón novamente pola extensión. A ver se o fago mirar.

    ResponderExcluir
  3. Por certo, moi fino o apunte de citar vagamente a famosa frase de Casto Mendez Nuñez no aniversario da Batalla do Callao. E non podo estar máis dacordo, para min vale máis "un pais sen caixas, que unha caixa sen pais", pero coido que cos danos que xa nos temos feito, imos quedar sen os dous.

    ResponderExcluir
  4. E remato (perdón de novo)

    Para quen saiba leer, os xustos, os que dubidán, danse en tódolos lados, e se non lean:

    http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2010/05/02/0003_8457001.htm

    ResponderExcluir
  5. Em geral, o que eu vejo é uma evidente escuridade que nos tem a todos aqui amarrados, a discutir quem tem a culpa, enquanto os que ganham com isto seguem exatamente a ganhar com isto.

    Pois, já que estamos: para mim são responsáveis as cúpulas diretivas das caixas (eu não personificaria em Gayoso), e também, não em menor medida, o [des]governo galego, que tem a obriga de legislar e promover os setores e os bens estratégicos para o país.

    ResponderExcluir
  6. Desculpas por ter tan abandonada a leira ultimamente. Pero bueno, pasan os días e segue a leria. Aínda que agora que falou Rajoy, que falou Zapatero, parece que a fusión non ten volta atrás, como xa adiantabamos nos no seguinte post. Pero a loita de localismos continúa, polo menos unha semana máis.

    En canto aos comentarios, penso que a Comisión Promotora está demasiado aliñada co argumentario norteño que, por certo, nestes últimos días, superou todos os límites imaxinables para un medio de comunicación que tente presentarse como minimamente serio e rigoroso.

    Coincido con Ansible no esencial, como case sempre. E tamén, incluso, na liña que ven seguindo Faro de Vigo neste asunto. O meu comentario a respecto das encíclicas, referíase a un editorial no que se vendía, en positivo, o localismo como motor de desenvolvemento, remontándose á implantación de Citroën en Vigo e da Refinería en A Coruña...

    Totalmente de acordo, Óscar en que todo segue moi escuro e que, efectivamente, conseguiron levar o debate ao terreo dos bos e malos, sen que ninguén explicase nunca aínda, cál é verdadeira dimensión do problema. Porque cada vez é máis evidente que si hai un problema económico importante.

    ResponderExcluir

No faiado