Día histórico. Excelente resultado. Un paso fundamental para a credibilidade de España. Así resumía o ministro Montoro a reunión do xoves pasado do Consejo de Política Fiscal y Financiera na que o goberno aceptaba os plans de axuste que presentaron todas as comunidades autónomas, agás o de Asturias, e que teñen como obxectivo reducir o déficit público das autonomías a un máximo do 1,5% do PIB, tal e como esixe Bruxelas.
Hoxe enterámonos de que varios deses plans de axuste, os de Madrid, Comunidade Valenciana e Castela-León, as tres gobernadas dende hai moitos anos polo PP, reflicten unhas cifras de déficit no 2011, moi superiores ás anunciadas inicialmente. Madrid pasa dun déficit do 1,3% que tiña declarado, a un déficit real de 2,2%. A Comunidade Valenciana pasa do 3,6% ao 4,5% e Castela-León do 2,35% ao 2,59%. Este desfase adicional descuberto agora incrementa o déficit público español en 3.000 millóns de euros máis do que se anunciara hai meses cando o PP fixera público que era falsa a cifra de déficit do 6% coa que o goberno socialista aseguraba que se pecharía o exercicio 2011, pasando a ser, segundo o novo goberno do PP do 8,51% do PIB. Con este novo descubrimento o déficit público total en 2011 vaise ao 8,9%.
Despois de anos soportando a política de vaivéns, cando non pendular, do último goberno socialista, que acabou por privalo de toda credibilidade, tanto cara á cidadanía como cara ao exterior, supúñase que un dos principais activos do novo goberno popular, respaldado pola súa aplastante vitoria, ía ser precisamente unha meirande credibilidade que debería redundar en máis confianza, tanto das autoridades europeas, como dos mercados.
Si hai unha semana, sorprendiamonos coa nacionalización in extremis de Bankia, hoxe sabemos que o déficit público da Comunidade de Madrid é do dobre do anunciado. Dous feitos moi graves que teñen a mesma orixe. A política que dende hai moitos anos ven facendo o Partido Popular nesa comunidade, ou máis propiamente a súa líder Esperanza Aguirre. Último martelo de roxos, herexes e ateos, e máximo expoñente nacional do que debe ser unha política ultra liberal que, non o esquezamos, é a inspiradora ideolóxica do modelo que, ao albur desta monumental crise, está a implantar o goberno do Partido Popular.
Convén non esquecer, non vaia ser que alguén se despiste con tanto cambio de logos, que a orixe de Bankia e Caja Madrid, xestionada primeiro por Miguel Blesa e despois por Rodrigo Rato, impúdicas pelexas de familia por facerse co seu control, incluídas.
Si esta última semana contemplamos con pavor como o descubrimento da real situación financeira de Bankia levou a que prima de risco de España superara os 500 puntos, podemos ir preparándonos para o vindeiro luns bailar cha cha cha cando se reflicta nos mercados este novo descubrimento de falsidade nas contas públicas.
Ay que pena me das, Esperanza, por dios.

Nenhum comentário:
Postar um comentário