Corralito. Saída do euro. Rescate da banca. Os temas que están hoxe nos medios, iso si, sempre cunha óptica optimista, nin haberá corralito, nin sairemos do euro, poñen ben en evidencia cal é a gravidade da situación.
Con moita probabilidade mañá a prima de risco superará os 530 puntos. E a bolsa, o Ibex35, caerá entre un 3% e un 7%.
A semana pasada, a raíz do caso Bankia, anunciábase que as autoridades europeas auditarán ás entidades financeiras españolas para saber cál é a súa situación real a respecto dos activos tóxicos inmobiliarios. Este fin de semana soubemos que os inspectores da UE virán revisar as contas de Esperanza & cia.
A situación real é que España é de facto un país intervido polas autoridades económicas europeas. Só falta decidir cómo se presentará o asunto.
Non hai demasiadas alternativas. É improbable a curto prazo unha saída -expulsión- do euro. Sería demasiado risco para o conxunto do sistema. Perece máis factible unha inxección de diñeiro público europeo -BCE-, pola vía interposta das autoridades económicas españolas, nas entidades financeiras.
O goberno español será -xa o está sendo de facto- un mero executor das políticas económicas que lle marquen as autoridades europeas. Coa avantaxe adicional, respecto ao caso grego ou italiano, do seu recente refrendo maioritario polas urnas.
Pero o custo do rescate do noso sector financeiro recaerá integramente na cidadanía. Os axustes realizados ata o de agora son só o comezo. Debemos empezar a mirar con máis atención para o que está ocorrendo en Portugal e en Grecia.
Sen embargo, observando o que acontece na rúa e na rede, semella que non nos queremos enterar. Aferrámonos con forza a aquel coñecido proverbio chino: se un problema non ten solución, ¿para qué preocuparse?, e si a ten, ¿para qué preocuparse?.
Sueño con el pasado que añoro,
el tiempo viejo que lloro
y que nunca volverá...

Nenhum comentário:
Postar um comentário