Leo en Praza Pública que a nova opción nacionalista que se está conformando (Máis Galiza, Acción Galega, Espazo Ecogaleguista), formula dentro das súas bases programáticas, como cuestión máis potente en materia económica, a reivindicación dun modelo fiscal semellante ao sistema foral vasco e navarro, e na mesma liña do concerto fiscal que reclama Cataluña.
É un asunto sobre o que escribimos reiteradamente aquí hai tempo: novo modelo de financiamento autonómico: máis insolidariedade; nacionalismo orientado, nacionalismo desorientado; referéndums, independencia e PIB; nacionalismos: dogmatismos, utopías, realidades. Así que hoxe analizaremos unicamente os aspectos económicos desta proposta, remitindo ao lector aos post citados si desexa coñecer a nosa valoración política máis global.
Como se sabe, no Estado Español coexisten dous modelos de financiamento autonómico. O réxime común e o réxime foral. No primeiro están todas as comunidades autónomas agás Euskadi e Navarra que están suxeitas ao segundo modelo.
As facendas forais recadan, nos territorios respectivos -no que segue referirémonos unicamente ao caso vasco, entendendo que o navarro é moi semellante-, a práctica totalidade dos tributos que conforman o sistema fiscal español e regulan os tributos directos. Deste xeito, a Axencia Tributaria española practicamente non recada ningún imposto en Euskadi. É a Axencia Foral a que xestiona os tributos.
Unha parte dos recursos que obtén a Axencia Foral entréganse á administración central mediante unha transferencia, denominada cupo. Este cupo calcúlase (ou debería calcularse) de xeito que cubra a parte dos custos que en función da súa renda lle corresponde sufragar a Euskadi daquelas competencias estatais non transferidas -asuntos exteriores ou defensa, por exemplo-.
O sistema foral en si mesmo comporta certas peculiaridades institucionais e competenciais pero non implica necesariamente ningún privilexio económico. De feito, si os principios xerais e os criterios de valoración contidos na Ley del Concierto se aplicasen de maneira razoable, o sistema de concerto debería ser case neutral, e non xeraría niveis de financiamento moi diferentes dos que obterían os territorios forais se estivesen integrados no réxime común.
Sen embargo, na práctica os resultados financeiros do réxime foral son moi favorables para Euskadi, por tres motivos fundamentais (véxase a intervención de Ángel de la Fuente no Parlamento de Catalunya o 7 de outubro de 2011):
1) O sistema exime á comunidade foral de contribuír ao sistema de nivelación interrexional. Esta exención reduce as achegas de Euskadi ás arcas estatais en 1.790 millóns de euros anuais.
2) A valoración das competencias estatais non transferidas a Euskadi está enormemente sesgada á baixa, o que supón unha redución adicional do cupo de 1.740 millóns de euros anuais.
3) O axuste técnico que se realiza para conseguir que cada administración se quede coa parte do IVA que en última instancia soportan os seus cidadáns (e non coa que se ingresa realmente no seu territorio, que pode ser moi distinta) favorece a Euskadi en 950 millóns de euros anuais por utilizar valores desfasados dos coeficientes que recollen o peso de Euskadi no consumo do conxunto do Estado.
A suma total ascendía en 2007 a case 4.500 millóns de euros que equivalen ao 6,9% do PIB vasco dese ano. Esta enorme rebaixa nas achegas dos territorios forais á caixa común do Estado explica por qué esas comunidades disfrutan dun financiamento por habitante superior nun 60% á media das comunidades do réxime común. Tamén explica por qué aínda tratándose das dúas comunidades con maior PIB per cápita do Estado, o seu saldo fiscal e nulo ou moi lixeiramente negativo.

Gráfico 1. PIB per cápita 2011 (España = 100)
Efectivamente, o Gráfico 1 mostra como si en 2011 o PIB per cápita no conxunto de España é 100, en Euskadi é 134,5. Sen embargo, como se ve no Gráfico 2, con datos de 2007 -últimos dispoñibles-, a súa balanza fiscal é negativa só no -1,35%.
É por isto que Cataluña que ten un PIB per cápita de 117,9 (España = 100) e unha balanza fiscal negativa de -8,70%, reclama insistentemente un réxime de concerto.
Gráfico 2. Balanzas fiscais 2007 (saldo sobre PIB)
Por esta vía, como se demostrou coa reforma de 2009, na medida en que as comunidades máis ricas contribúan menos á caixa común do Estado, as prexudicadas serán as comunidades máis pobres.
Por iso dende Galicia, que ten un PIB per cápita de 90,7 (España = 100), e obtén unha balanza fiscal positiva do 8,19%, lonxe de reivindicar un réxime de concerto, deberíase propugnar a desaparición dos actuais réximes forais, ou cando menos unha aplicación máis equilibrada e equitativa dos mesmos.
Porque nestes tempos que corren, semella máis importante o ovo que o foro.
Mellor ser un pobo de pensionistas e subvencionados que rexeita xestionar os seus propios recursos. Mellor tutelados, mellor menores de idade, coma sempre.
ResponderExcluirAmigo Peón -esta é a peaxe de ter saído do armario-, como hai tempo que tes a deferencia de achegarte por aquí, sabes, porque o escribimos bastantes veces, que non estamos en contra de que asumamos a nosa realidade económica e social para, a partir de ahí intentar facer país. O que non se pode é vender como económicamente positiva unha proposta que tería o impacto económico que explicamos neste artigo.
ResponderExcluirSaúde,
"lonxe de reivindicar un réxime de concerto, deberíase propugnar a desaparición dos actuais réximes forais, ou cando menos unha aplicación máis equilibrada e equitativa dos mesmos"
ResponderExcluirQue un réxime de concerto sería a curto prazo negativo para a economía galega é un feito, tomar ese feito como base dunha decisión político-económica é unha opinión, moi respectable e razonada, pero opinión. Esa opinión, creo, parte de idea de maximizar no curto/medio prazo os beneficios económicos para Galicia. Mais seguindo exactamente ese razonamento supoño que vostede recomendaria ao governo espapañol pedir un rescate ao FMI pois económicamente no curto/medio prazo o estado pode financiarse a un tipo de interés máis razoable, por tanto mellora económicamente. Que importa perder autonomía finaciera, económica e política? Ou realmente si importa? Depende da cantidade dos gaños e perdas? Ainda que é unha comparación moi simplificada e extremada; da para contrapoñer os razonamentos de cada quen.
Eu prefiro, tendo un nivel de vida razoáble, apostar pola soberanía económica e política porque creo firmemente que a súa longa ausencia é un dos principais factores que nos levou a ese 90%; mais ainda que non o crera, para min se o prezo da soberanía é razoáble, eu prefiro pagalo.
Outra cousa é a estratexia política de mensaxes na que non me apetece entrar.
Parabéns polo blogue, gosto muito de lelo.
Anigo PorNonEstarCalado, coideime ben de dicir que neste post ía analizar só as repercusións económicas. Para ver cal é a nosa opinión máis política, recomendo leer os outros post referenciados. Verás que concordamos bastante co que ti dis.
ResponderExcluirSaúde,