sexta-feira, 27 de julho de 2012

Máis sobre débeda pública: arrimar a brasa á sardiña ou que cada pau aguante a súa vela

O total de débeda pública en España ascende, seguindo o protocolo de déficit excesivo, a 774.549 millóns de euros no primeiro trimestre de 2012, que equivale ao 72,1% do PIB. O reparto entre administración central, comunidades autónomas e corporacións locais é o que amosa o gráfico 1. Como se ve, o 76,51%, 592.572 millóns de euros corresponden á administración central. O 18,74%, 145.118 millóns de euros ás comunidades autónomas. O 4,76%, 36.860 millóns de euros, ás corporacións locais. En 1995, o total de débeda era de 323.696 millóns de euros, que se repartía así: 77,22% administración central, 9,92% comunidades autónomas, 7,81% corporacións locais.

 
Gráfico 1. Porcantaxe de dédeba pública por administracións en 1995 e 2012(Tr. I).

Si analizamos a evolución do endebedamento en cada unha das administracións, facendo 1995 = 100, obsérvase no gráfico 2, como a débeda da administración central se incrementou dende 1995 a 2012 (trimestre I) ata os 251,33 puntos, multiplicouse nestes anos por 2,5. A das corporacións locais está nos 205,45 puntos.

Pola súa banda, a débeda do conxunto das comunidades autónomas multiplicouse por 5,4 nestes anos, acadando en 2012 os 540,90 puntos. Como xa temos comentado en anteriores artigos, o comportamento de unhas e outras comunidades é dispar. No gráfico 2, apréciase como mentres a de Euskadi está en 331,45 puntos e a de Galicia en 344,91, a de Catalunya está nos 600,69 puntos. 

 
Gráfico 2. Evolución da débeda pública 1995-2012 (1995=100).

No canto de pretender solucionar sen custo político recorrendo, agora si, pola vía rápida, á solidariedade interrexional que representa o Fondo de Liquidez Autonómico, e agochar esta realidade contundente abrindo outro tipo de debates máis políticos e extemporáneos, os respectivos gobernantes deberían dar conta á cidadanía de por qué cada quen chegou á actual situación.

Nenhum comentário:

Postar um comentário

No faiado