Máis aló da política, ou da falta de política, da acción de goberno do bipartito, a primeira causa do fracaso, ao meu ver, é a actitude coa que os dous “socios” concorreron á formación da coalición.
Antes que nada un goberno ten que ser un equipo, ata o punto que adoita falarse de equipo de goberno. E ser un equipo significa lealdade, coordinación, cooperación, sinerxías, políticas transversais, unidade de criterio, unidade de acción, liderado único, política de comunicación coherente, …
Durante estes tres anos e medio contemplamos atónitos como cada unha das dúas forzas políticas que conformaban o “equipo de goberno” dende o primeiro momento se preocupan máis por marcar o territorio fronte ao teórico socio que por levar adiante unha acción de goberno digna de tal nome.
Para o común dos cidadáns resulta dificilmente comprensible esa intencionada visualización da independencia de criterio, cando non confrontación manifesta, da que facían gala cada un dos socios.
É un erro manifesto antepoñer a patrimonialización de cada acción aos resultados da mesma. Un goberno ten que preocuparse, antes que nada, de conseguir resultados. Se os cidadáns ven que se están a facer cousas valorarán positivamente a acción de goberno, e polo tanto tamén ás forzas políticas que o conforman.
Polo contrario, cando os esforzos principais van dirixidos a desmarcarse do socio, a cuestionar as accións que intenta levar a cabo “a outra parte” do goberno, a defender posicións abertamente contrarias, a deixar claro que estamos xuntos pero non revoltos, a ignorar intencionadamente o que se está a facer nas consellerías “dos outros”, a competir entre diferentes consellerías para ocupar os mesmos espazos –vivenda versus política territorial, innovación versus educación, industria versus economía, medio rural versus medio ambiente, presidencia versus vicepresidencia, vicepresidencia versus educación, ….-, a percepción dos cidadáns é de desconcerto.
A pouco que empuxe a oposición e os medios de comunicación acábase chegando á visualización de dous gobernos que perseguen obxectivos contrapostos. É demasiado pedirlle á poboación que sexa quen de entender esa situación.
Despois desta experiencia, deberían PSOE e BNG aprender a lección e corrixir o rumbo nos moitos concellos, nomeadamente os das principais cidades, nos que gobernan en coalición. Se non o fan, os resultados electorais dentro de dous anos son fáciles de prognosticar.

Nenhum comentário:
Postar um comentário