Unha forza política ansía chegar ao goberno para facer realidade o seu proxecto político ou o seu proxecto de país. Así, os proxectos que presentan os diferentes partidos deberían ser o elemento decisivo para decantar o voto. Ás veces, sen embargo, ese voto cidadán está predeterminado, ben por unha pésima xestión de algún asunto importante -caso do Prestige-, ben por esgotamento, incluso vital, da proposta do partido no poder. Nesas situacións a vitoria electoral da oposición é máis consecuencia do esvaecemento do partido do goberno que dos méritos do proxecto político que se presenta como alternativa. Pode ocorrer, entón, que a forza -ou forzas- políticas que acceden ao goberno o fagan sen un verdadeiro proxecto que executar. A saída máis sinxela é aplicar unha política continuista do que viñan facendo os anteriores, tratando de marcar as diferenzas con algunhas accións puntuais. A política continuísta leva a converter a acción de goberno nun mero exercicio de xestión sen ningún azo transformador. De feito, si se exceptúan algunhas iniciativas puntuais en ordenación do territorio, resulta difícil atopar nas áreas de goberno socialistas accións transformadoras e con impacto político. Penso que esta é a primeira razón pola que o PSOE perdeu as eleccións, unha total ausencia de proxecto.
Esa falta de proxecto agrávase co baixo perfil político da maioría dos conselleiros socialistas, coas excepcións quizás de traballo e medio rural. Así, en carteiras tan importantes como economía, sanidade, educación, política territorial e obras públicas, pesca, presidencia,... a avaliación que se pode facer vai moi pouco máis aló da mera xestión –boa ou mala-. No propio deseño do goberno, é de supoñer que decisión persoal do presidente, aparecía explícita esta idea de máis xestión e menos política. Había moi pouco “partido” no equipo de goberno e moito independente ou pseudoindependente –iso que se deu en chamar por algúns o partido dos universitarios-. Intúese que coa intención de concentrar a capacidade política na figura do presidente. Esta é a segunda razón da derrota socialista, un equipo de goberno con escasa altura política.
Un equipo de goberno tan feble puxo demasiado en primeiro plano ao presidente, véndose enfrascado, a miúdo, en asuntos de moi baixo nivel. Ademais, supoño que pola súa propia personalidade, durante todo o mandato aferrouse en exceso ao papel institucional de presidente, non sei se para loitar contra o pantasma de Fraga, renunciando a exercer de verdadeiro líder político do país. Esa renuncia visualízase ben no que foron as súas relacións, ou ausencia de relacións, coa área BNG do goberno. Sorprende, ademais, que nunha cohabitación de goberno tan delicada, o presidente optase por desapegarse tanto do propio partido, indo por libre en moitas ocasións. En definitiva, o terceiro motivo da derrota socialista está nun presidente que o fiou case todo a un carisma que evidentemente non tiña.
Como xa comentei no anterior post, unha derrota merecida (I), unha total incapacidade para xestionar a coalición de goberno. Esta é a cuarta razón da derrota, contribuír a formar un bigoberno e non un goberno bipartito.
Finalmente, tres erros de táctica política decisivos e imperdoables. Primeiro, non adiantar ao outono as eleccións, cando xa era unha evidencia que a crise económica non deixaría de arreciar. Segundo, abordar o proceso electoral como un mero trámite administrativo que había que pasar, pero no que a vitoria se daba por segura. Supoñían que o único que estaba en cuestión eran os resultados de cada un dos socios de goberno, para en función deses resultados modificar o reparto de poder. Terceiro, unha nefasta campaña electoral, tanto na súa estética, como no excesivo protagonismo que se lles deu aos políticos de Madrid.

Nenhum comentário:
Postar um comentário