Pasou máis dun ano dende o secuestro do Playa de Bakio. Tempo dabondo para buscar unha solución a un problema máis relacionado coas cloacas dos servizos de intelixencia que con calquera outra cousa.
No canto de que aquela primeira desagradable experiencia servise para atopar unha solución -os franceses si foron quen de conseguila e solucionar o problema- o goberno de España, neste segundo caso, púxose leguleio e decide traer a Madrid a dous dos secuestradores. Mellor será pasar por alto o show para determinar a idade de un dos interfectos. O resultado está á vista.
Despois de máis dun mes de secuestro sen que en termos reais se teña avanzado nada, agora non queda máis que pregarse ás primarias esixencias da mafia secuestradora. E que se sexa canto antes.
Unha demostración máis de que cando a política ten que ser algo máis que tomar decisións guais no ámbito das liberdades individuais -todas loables, por suposto-, este goberno atáscase.
Nenhum comentário:
Postar um comentário