Nestes tempos de manifesta evolución dos analistas económicos para achegarse a unha linguaxe que fai lembrar aquela WM que don Helenio Herrera puxera de moda hai cincuenta anos, a cuestión estrela é prognosticar que forma vai ter a saída da crise.
Á vista dos titulares de prensa destes días parece que americanos e alemáns están saíndo xa como foguetes (saída en V).
Outros con unha evolución máis lenta (saída en U), están de momento no chan da U, pero agardan que a recuperación das primeiras potencias xogue de efecto locomotora e os axude a escalar rapidamente polo pau esquerdo.
España aspira a ser U. O meu prognóstico, baseado nos argumentos do anterior post deste blog (modelo produtivo sustentable ou longa noite de pedra) é que no mellor dos casos a nosa crise terá forma de L, cun pau inferior bastante longo.
Non se pode descartar a curto e medio prazo, sen embargo, unha crise en Z, é dicir, aínda non tocamos fondo e seguimos cara abaixo pola diagonal da Z.
Prego non facer ningunha interpretación irónica do meu modelo Z. É unha mera casualidade.
Nenhum comentário:
Postar um comentário