quinta-feira, 17 de dezembro de 2009

Pailáns de Alta Velocidade

Escribiamos hai tempo nun post anterior -AVE e intereses estratéxicos de Galicia- o seguinte:

"Levamos anos a voltas co tren de alta velocidade (AVE). Aínda non houbo un debate nin político nin social arredor de cales teñen que ser as achegas de tan importante infraestrutura á competitividade do país.

Non pasamos de reivindicar que a obra se faga canto antes e, iso si, se os da Coruña e Santiago van chegar a Madrid en menos de tres horas, os de Vigo non consentirán tardar dez minutos máis. As grandes demandas neste tema dos políticos, empresarios, sindicatos e cidadanía do sur de Galicia redúcense a esixir a liña directa Ourense-Vigo por Cerdedo.

Aínda non vin a ningún dos que se supón deberían ter como principal preocupación as estratexias económicas de futuro, poñer enriba da mesa cuestións tan decisivas como:

1. É máis conveniente unha infraestrutura exclusiva para pasaxeiros ou quizás fose mellor renunciar a ese plus de velocidade e contar cunha infraestrutura mixta de pasaxeiros e mercadorías?.

2. A conexión con Madrid colma as necesidades de conectividade de Galicia ou debería reivindicarse, pensando fundamentalmente na saída de mercadorías, unha conexión máis directa con Europa pola Meseta e o Val do Ebro?. Unha solución deste tipo daríalle coherencia á conexión Vigo-Porto, esta si de tráfico mixto, pero que sen saída de mercadorías dende Vigo cara a Europa pouco lle aporta á economía da Rexión Norte de Portugal, motivo polo que seguen vendo a conexión cara a Lisboa como a verdadeiramente estratéxica para eles (véxase un post anterior a este respecto).

3. Por qué se desperdicia a ocasión para conectar coa alta velocidade aos portos?. Podería ser a oportunidade de darlle algún sentido a obras tan cuestionadas como o porto exterior da Coruña ou o porto de Ferrol, á vez que se lle daría un pulo de competitividade ao porto de Vigo fronte a Leixoes.

4. Por qué non se aproveita tamén para introducir un pouco de racionalidade no sistema aeroportuario, incluído o Sa Carneiro de Porto? Este último, por certo, si terá conexión coa alta velocidade.

Se políticos, empresarios, cidadanía tivésemos claro cales son os intereses estratéxicos de Galicia e de que cousas vai depender a nosa competitividade como país e, polo tanto, o noso nivel de benestar, todos estes asuntos terían que estar debatidos e clarificados hai moitos anos.

Como non é así, non somos quen de elevar o debate por riba da sempiterna loita de localismos e da marcaxe ao veciño".

Hoxe pública La Voz de Galicia unha mordaz columna de Albino Prada, que incide en parecidos argumentos, aínda que de xeito moito máis brillante do que eu son quen de facer.

Di Albino Prada: "cuando compruebo que en un estudio funcional presentado a los medios el mes de noviembre el Ministerio de Fomento habla ya de «alta velocidad y apta para tráfico mixto» que «permitan el tráfico de mercancías sin las restricciones que tiene la línea actual» dado el «importante potencial para este tipo de tráfico debido a la elevada presencia industrial y de seis puertos de importancia internacional»; y cuando también compruebo que el Gobierno se marca como objetivo número uno del corredor de alta velocidad el permitir el tráfico de mercancías, debería -por tanto- reconocer que mis críticas serían, ahora, infundadas. Si no fuese que tal estudio funcional no se ocupa de la red ferroviaria de alta velocidad gallega ¡sino del corredor que unirá Santander, Bilbao, Zaragoza y Valencia! De manera que la estrategia económica y las características de ese eje transversal nada tienen que ver con las de nuestro rumboso y exclusivo desarrollo de AVE para pasajeros.

Puede que el Ministerio de Fomento haga bien en no homologar el diseño de la nueva red gallega en esa doble dirección: mixta y no radial. Y puede que incluso tenga una excusa de no poco peso: que mientras a las organizaciones sociales y empresariales de aquellas partes de España les cuelan, al parecer, un tren de segunda, las nuestras no pasan por tal agravio. ¿No les parece todo esto un poco raro?

Lo peor es que no habría acabado el mes de noviembre cuando en una reunión de nuestro ministro con su homólogo portugués se dio en el mismo clavo. Así, dadas las indefiniciones de aquí y las limitaciones presupuestarias de allá, el tramo Vigo-Oporto será ahora exclusivo de pasajeros; porque, leo, es más barato de hacer dado que el uso de mercancías exigiría menores pendientes y mayores desmontes. Y mientras el Lisboa-Madrid se hará mixto (y más caro), compruebo escandalizado cómo nos alegramos por aquí de que -por fin- sea este también un AVE de primera (es decir, exclusivo de pasajeros) mientras a otros nuevos pardillos -madrileños, lisboetas- les colocan uno de segunda (mixto). ¿Sigue sin parecerles raro?".

Pouco máis que engadir. Un bo exemplo -outro máis- de cómo neste país seguimos a confundir o touciño coa velocidade.

Um comentário:

No faiado