sexta-feira, 12 de fevereiro de 2010

Baixar os salarios... unha solución?

Unha das receitas, entre outras varias, que o FMI acaba de recomendar a España para facer fronte á crise é a necesidade de reducir os nosos salarios. ¿Estaría xustificada unha decisión deste tipo? ¿A ónde nos conduciría?

Utilizando datos OCDE, analizamos en primeiro lugar a evolución dos salarios industriais (gráfico 1). Vemos que España só supera a países en desenvolvemento coma Polonia e a República Checa, situándose por debaixo de tódolos países desenvolvidos que seleccionamos aquí, a considerable distancia de EE.UU., Alemaña ou Francia. Este dato é indicativo pois, de que os salarios que se pagan en España son competitivos, en termos de custos empresariais, respecto aos que se pagan nos restantes países desenvolvidos.

Gráfico 1. Evolución dos salarios industriais ($ USA PPP axustado)

A situación cambia radicalmente, porén, cando incluímos na análise a produtividade. No gráfico 2, comprobamos que en productividade por hora traballada só superamos a Polonia e Xapón (se ben os xaponeses traballan 890 hora ano por habitante, fronte ás 741 horas ano por habitante que traballamos en España).

Gráfico 2. PIB por hora traballada (EE.UU.=100)

Así pois, cobramos menos, pero somos tamén menos produtivos que todos os demais países desenvolvidos.

Se por último, reparamos en cómo evolucionou a produtividade nos últimos anos (gráfico 3), España sitúase á cola dos países seleccionados. Destacan os enormes incrementos da produtividade nos países en desenvolvemento (República Checa e Polonia). Tamén Irlanda está moi por riba de EE.UU. Xapón, practicamente ao mesmo ritmo que EE.UU. En Francia e Alemaña a produtividade se incrementouse menos, pero moito máis que en España.

Gráfico 3. Evolución da produtividade do traballo

Reflicten todos estes datos que se tratamos de corrixir polos salarios en lugar de pola produtividade, estamos colocándonos na liga que xogan os países subdesenvolvidos ou en vías de desenvolvemento na que non temos ningunha posibilidade de éxito, pois sería imposible, por múltiples motivos que sería prolixo comentar agora, que poidamos competir en custos con eles.

O cerne da cuestión está, polo tanto, na produtividade. Pero como é ben sabido, a produtividade depende cada vez máis da tecnoloxía, a I+D+i, o coñecemento e a formación. Como temos comentado aquí reiteradas veces, desaproveitamos os últimos 15 anos de bonanza económica e de fondos europeos para avanzar, en serio, nesta dirección. Dedicámonos con fruición, polo contrario, a construír paseos marítimos e pavillóns de deportes.

Moito me temo que é xa demasiado tarde e nós temos demasiada urxencia.

Introducirnos pola senda das rebaixas salariais, quizás inevitables no curto prazo, levaranos a recorrer inevitablemente o camiño de volta: de país desenvolvido a país cada vez máis subdesenvolvido.

6 comentários:

  1. mileuristas cando cas vacas grosas e faciamos cine-protesta-arte (os do síndico ben fartos) por gobernos facendosos,bancarios larpeiros,empresarios paternalistas a sonrir agora cas vaquiñas co leite bretemoso calquera tempo pasado foi mellor .Alguen recollerá do chan a bandeira da distribución da riqueza???? xose barran

    ResponderExcluir
  2. NOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO!!!!
    Excelente información.
    Un placer visitra tu blog!!!
    Cariños.

    ResponderExcluir
  3. Xosé, as políticas de distribución da riqueza son moi importantes, porén antes hai que crear esa riqueza...
    Saúde,

    ResponderExcluir
  4. Miss, el placer es mío porque lo visites.
    Un abrazo,

    ResponderExcluir
  5. Boas trasno! Parabéns polo teu blogue.

    Pos o foco na productividade, pero penso que compre analizar as razóns desa baixa productividade.

    É o traballador español más lacazán que o checo? Coido que non será iso.

    O problema das estadísticas é que se poden sacar conclusións de todo tipo, como a anterior.

    A productividade española é históricamente baixa porque aínda temos un importante sector agrícola (intensivo en mao de obra). E, inda máis, chegou a burbulla do ladrillo, e o sector da construcción gañou peso específico na nosa economía (outro sector con moita mao de obra e, polo tanto, baixa productividade).

    Tamén é cerco que o empresariado español, en xeral, non quere gastar un peso en tecnoloxía, entroutras cousas porque...a mao de obra é barata.

    ¿É barata ou cara a mao de obra? Ti pos unha gráfica coa media, pero penso que sería interesante facer as gráficas por segmentos de renda.

    Lembro que España é un dos Estados máis desiguáis de Europa (coeficiente de Gini=0,34), é dicir, onde os ricos son máis ricos e os pobres, máis pobres. Non é na parte baixa da renda onde hai que rañar para atopar esa competitividade perdida.

    Saúdos!

    ResponderExcluir
  6. Concordo con moito do que dis Esmola. Pero teño pendente escribir un post que se titule algo así: "de qué falan os economistas cando din produtividade?".
    Obrigado.
    Saúde,

    ResponderExcluir

No faiado