sábado, 20 de fevereiro de 2010

Pola fusión a un estatuto de nación

Este asunto das caixas está levando ao PP a tomar como seu o discurso da aldraxe.

Ata o punto de acusar ao Consejo de Estado, do que forman parte egrexios e históricos xuristas da dereita, de irresponsabilidade e de traballar ao ditado do goberno de Rodríguez Zapatero. E ao Tribunal Constitucional de institución perversa e centralista que manobra tamén ao servizo do goberno inimigo para quedarse coas nosas caixas. Explícao ben hoxe X.L. Barreiro.

Esta deriva cara á insubmisión, poñendo en cuestión algunhas das esencias da España Una pola que tanto loitaron para que non se rompese, levaraos a falar de colonialismo interior, cando dominen o argot?. Deixarán de ser autonomistas -aquel regionalismo folklórico e aquela autoidentificación que tanto traballou D. Manuel- para converterse en soberanistas?.

Se o PP segue a desprazarse por esta senda, emborrachándose do recoñecemento dos bos e xenerosos, e colléndolle o gusto a seguir ocupándolle espazo ao BNG, perderemos a gran caixa fusionada, pero teremos un estatuto de nación que fará palidecer ao vasco e ao catalán.

Non, non teman nin uns nin os outros. Como xa temos dito aquí, esta pose abertzale do PP durará unha semana ou quince días, deixándose querer e escenificando a traizón á patria do PSdG -gran culpable da catástrofe-. Logo, algún tipo de acordo con Madrid e a pensar na segunda derivada. Pero sobre as caixas, que remedio, volvemos outro día.

3 comentários:

  1. Carallo cos chinos!...

    ResponderExcluir
  2. 人影片,成人光碟,情色遊戲,情色a片,情色網,性愛自拍,美女寫真,亂倫,戀愛ING,免費視訊聊天,視訊聊天,成人短片,美女交友,美女遊戲,18禁,三級片,自拍,後宮電影院,85cc,免費影片,線上遊戲,色情遊戲,日本a片,美女,成人圖片區,avdvd,色情遊戲,情色貼圖,女優,偷拍,情色視訊,愛情小說,85cc成人片,成人貼圖站,成人論壇,080聊天室,080苗栗人聊天室,免費a片,視訊美女,視訊做愛,免費視訊,伊莉討論區,sogo論壇,台灣論壇,plus論壇,維克斯論壇,聊天室

    ResponderExcluir
  3. Xa lles contestei a todos, Anônimo. Joder que traballo dan.
    Saúde,

    ResponderExcluir

No faiado